Consola, emulador de terminal, shell

Cando traballamos en liña de comandos empregamos un programa para comunicarnos co sistema operativo. Hai varios conceptos que debemos dominar.

O teu traballo:
  1. Indaga o que significa CLI e GUI.
  2. Que programa usamos para lanzar comandos en linux? Busca outros parecidos
  3. Cal é a diferencia entre o  Terminal e unha shell? Pista
  4. Busca o comando que debes executar para averiguar cal é a shell coa que ti estás traballando.
  5. Nomea outras shell coas que poderíamos traballar. (Por curiosidade como foron mellorando: clic na imaxe de abaixo).
  6. Fai as túas pescudas para saír do modo gráfico no teu ordenador e executar unha shell directamente.unix-shells

Para xente avanzada:

Por se tedes curiosidade (eu non mandei facelo ehhhh!!!)

Para ter a man (que a ninguén se lle ocurra aprender esto)

Toda a información técnica aquí

Unha opinión sobre “Consola, emulador de terminal, shell

Deixar un comentario