Sistemas Operativos

Atacamos agora un chisco de teoría. No fondo non dixemos o que é un sistema operativo ou para o que vale. Temos unha páxinas que usaremos como referencia para este tema.https://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/d/dc/Operating_system_placement-es.svg/220px-Operating_system_placement-es.svg.png

O teu traballo:

Consultando aquí completade na vosa libreta electrónica a seguinte guía de lectura:

  1. Cal é a misión dun sistema operativo?
  2. Cal é a ubicación do sistema operativo entre os compoñentes do ordenador?
  3. Cales son os modos de operación das computadoras?
  4. En que modo se executa un sistema operativo? E o LibreOffice?
  5. Que instrucións non se poden executar en modo usuario?
  6. Anota de aquí as funcións dun sistema operativo
  7. Así a ollo… cantas liñas de código ten o kernel de Linux?
  8. Pescuda por internet as diferencias entre Linux e Windows
  9. Conta todo esto nunhas pouquiñas diapositivas.

Cómpre valorar o esforzo dalgunha xente por explicar estes temas que abordamos; en cómic, por exemplo

Advertisements

Virtualización

Ben sei que sabedes traballar con máquinas virtuais pero pode que non teñades claro como funciona a cousa. Imos repasar o que sabemos e avanzar un chío. Xa de paso botar unha man a algún interneteiro para aprender a virtualizar.virtualizacion1

O teu traballo:

Consultando por exemplo aquí, responde a:

  1. Que é unha máquina virtual?
  2. Cal é o sistema operativo convidado (guest)?
  3. Cal é a diferencia entre virtualización tipo I e a tipo II?
  4. Cal é o hipervisor que usas na aula? De que tipo é?

Fai na túa libreta electrónica un titorial explicando como instalar en VirtualBox un linux da familia de Debian e outro de RedHat

Repaso teoría SO

Pequeno cuestionario de conceptos que deberíamos dominar.

O teu traballo:

Anota na túa libreta a resposta ás seguintes cuestións

  1. Define un sistema operativo.
  2. Explica catro funcións dun sistema operativo.
  3. Explica a diferencia entre o modo supervisor e o modo usuario.
  4. Que son as chamadas ó sistema?
  5. Que é o autodiagnóstico POST?
  6. Nomea tres servizos que ofrece o sistema operativo.
  7. Que é un proceso? Explica a diferencia entre un proceso e un fı́o.
  8. Fai unha lista de comandos de Linux que teñan que ver cos procesos e indica para que serve cada comando.
  9. Fai un esquema de todas as posibles clasificacións de sistemas operativos