Variables con números por nome

Cando empregamos comandos tecleamos ás veces unhas letras despois que lles chamamos opcións:

ls -l
dir /A

son caracteres que poñemos despois dos comandos para facer algo un chisco distinto. Cando traballamos coa consola podemos facer uso deles usando  o nome $1 se vai xusto despois do comando, $2 se vai de segundo, $3,…

O teu traballo:

Proba o seguinte código en batch  e tradúceo a bash:


@echo off
set /A var_Ducias= %1% * 12
echo Son %var_Ducias% ovos
pause

Lembra executalo dende a consola. Se lle pos de nome ducias.cmd deberás executalo:

Advertisements

Encargo escolar

Os profes do cole de enfrente pediron que lle fagamos un script para que os peques practiquen a táboa de multiplicar.

O código debe xenerar dous números ó chou. Ten que móstrarllos ós peques e pedir que tecleen a resposta. Cando o resultado sexa correcto felicita ó cativo. Se non haberá que darlle outra oportunidade.

Melloras: Podemos tamén contar os acertos que leva e xogar unhas dez ou doce veces.

O teu traballo:

Os profes esqueceron dicir se usan Linux ou Windows polo que non queda outra que facer cadanseu scripts 😉 

Ficheiros de configuración

Varios ficheiros permiten configurar o sistema e que as modificacións que facemos sexan permanentes. Poden ser para o sistema ou solo para o usuario. Exemplos aquí e tamén aquí.

O teu traballo:

Cotillea neses  ficheiros e modifica o prompt para que saia ó teu gusto cada vez que abres un terminal.

Como se fai todo esto en Windows?

Variable PATH

Falamos de que hai variables que veñen de fábrica. Unha delas era PS1. Emprega o comando

printenv

para cotillealas todas. Unha importante é PATH. Esta é útil se queremos executar programas directamente.

O teu traballo:

Consultando por exemplo o paso 2 de aquí.

  1. Garda varios dos teus scripts nunha carpeta 
  2. Copia a ruta desa carpeta 
  3. Engádea a $PATH
  4. Executa un deses scripts chamándoo polo seu nome (olliño cos permisos)
  5. Conta na túa libreta electrónica como facer esto mesmo en Windows

Xogo de maior ou menor

Investiga pola túa conta como se fai en bash e tamén en batch para ter nos condicionais non só eso de “coincide con”. Tamén se é maior ou menor.

O teu traballo:

  1. Teclea un script que pida ó usuario a súa idade e que mostre na consola se é maior de idade ou non (para batch)
  2. Fai un xogo que consiste en que a consola “pensa” un número e temos que averiguar cal é. A consola vainos dar pistas de se o que nós tecleamos é maior o menor có número misterioso (para batch)

Pista: Averigua o que son %RANDOM% ou ben $random

Outra pista: pode axudar -lt -gt

O esquelete  para bash aquí. A solución moi pertiño.

Bucles FOR

Imos agora cos bucles FOR. Xa contamos na aula que en bash a estructura dun bucle for é

for
do
...
done

O teu traballo:

Busca información para facer o mesmo en batch.

Teclea un script que pregunte tres veces polo nome de alguén e o saúde educadamente

Teclea un script que fabrique catro ficheiros que se chamen o que diga o usuario e un número. P.e. fich1.txt fich2.txt

Condicionais con matemáticas

Clic para aumentar a imaxe

Un reto para facer: no noso repositorio de batch deixeivos un esquelete  dun script para que traballedes nel.

O teu traballo:

Queremos un script que nos pida o tamaño dun ficheiro. Se lle damos bytes que nos diga cantos bits son e se lle damos xigas que nos calcule a cantos megas corresponde. O resultado debe saír pola consola e gardarse nun ficheiro.

 Podedes partir deste esquelete e teclear o código ata obter un resultado coma este (ou aumentando a captura da dereita).

Subide o código á vosa libreta electrónica  ou unha ligazón ó voso repositorio.

Unha proposta de solución pode ser esta. Non vale copiarme!!

Xa que estamos en bash faríase….