Arquivo para a etiqueta “correo”

O importante do correo

Sabemos unha chea de cousas do correo electrónico. Que tal facer unha pequena escolma? Agora ides ser vós os profeshttps://irocho.files.wordpress.com/2016/05/8a4dd-cuestionarios.jpg?w=203&h=117

O teu traballo:

Empregando o botón de WordPress chamado Engadir enquisa propón cinco preguntas tipo test mooooi difíciles. Convence ós teus compañeiros para que visiten o teu blog e participen.

Filtraxe de correo

Entre as posibilidades de xestionar correo que nos falta por falar está o uso de filtros. Se quero que todas as mensaxes dunha empresa, da miña nai ou do meu mellor amigo estean xuntas daquela debo programar un filtro. https://image.freepik.com/foto-gratis/internet-de-correo-basura-spam-de-correo-electronico-electronico_121-99377.jpg

O teu traballo:

Crea etiquetas co nome de tres compañeiros de clase. Fai un filtro que clasifique as mensaxes de cada un. Mandádevos mensaxes de correo.

Tes que facelo  no programa de correo e na web.

Programas de correo

Ata agora traballamos sempre con contas online na web. Falamos de que existen programas que instalamos no ordenador para xestionar as contas de correo. Xa vos acompañei para que aprendades a  usalos. Agora tócavos a vós.

O teu traballo:

Fai un screencast ou sexa un titorial con pantallazos no que expliques o aprendido. Ten  que tratar alomenos de:

  • Configuración de contas
  • Envío e recepción de mensaxes: sinatura, coloríns, imaxes, adxuntos,…
  • Organización e clasificación: etiquetas, listas, filtros,…
  • Conversas.

Lembra publicalo en Slideshare e inserilo na túa libreta electrónica.

Protocolo SMTP

POP3 e IMAP teñen que ver con recibir correo pero sempre fai ilusión mandar un correíto a un amigo. Imos investigar o que acontece para que lle cheguen os nosos saúdos.what is smtp

O teu traballo:

Cotillea nesta páxina:

  1. Que é un protocolo de rede?
  2. Para que se usa o protocolo SMTP?
  3. Cales son os comandos que usa SMTP?
  4. Como é o modelo cliente-servidor co que funciona SMTP?

POP3 e IMAP

Xa instalamos un programa de xestión de correo. Pero aceptamos a configuración que viña de fábrica. Analicemos polo miúdo o que fixemos.

O teu traballo:

Cando instalamos o programa preguntounos se preferíamos POP ou IMAP, cal foi a túa resposta?

Consulta aquí ou aquí e anota as diferencias entre os protocolos POP e IMAP

Cal deses protocolos borra o correo do servidor?

Se quero ter a man o meu correo no meu móbil, no ordenador de casa e na páxina de gmail, que protocolo debo usar?

Se teño un disco duro moi cheo de cousas, cal é o protocolo mellor?

Tes un programa para xestionar o correo no móbil? Cal? Que protocolo usas?

Navegación de artigos

%d bloggers like this: