Editores ou procesadores

En ofimática usamos procesadores de textos pero cando non nos preocupa as marxes ou os tipos de letra e queremos modificar ficheiros de configuración usaremos editores de texto. Ou é mellor usar un procesador de textos?procesadorestexto

O teu traballo:

Copia  e pega as seguintes preguntas e atopa as túas respostas na web:

1.-Que é un editor de textos?

2.-Cal é a diferencia cun procesador de textos?

3.-Cal é mellor para escribir un informe de ventas con logotipo e gráficos?

4.-Fai unha clasificación de procesadores e de editores de texto indicando se son de código propietario, libres; para uso local ou  en rede.

Algúns dos editores que temos para traballar no terminal son vi, nano. Fai un manual de uso de nano na túa libreta electrónica

Advertisements

Repasando presentacións

Neste módulo temos que traballar tamén con aplicacións informáticas. Supoño que xa sabedes manexalas do curso pasado.https://sites.google.com/site/carreratecofimatica/_/rsrc/1467673537513/modulo-1/tipos-sistemas-operativos.jpg?height=214&width=400

O teu traballo:

Fai unha presentación a modo de chuleta dos comandos que vimos cunha pequena introdución ós sistemas operativos e en especial a Linux que é co que traballamos. Lembra poñer pantallazos do terminal.

Súbea despois a slideshare ou proba outras alternativas.

Incrústaa no teu blog

Familiares de Linux

Linux é un sistema operativo que se reproduce con  facilidade. Ver DistroWatch
jjjj

O teu traballo:

  1. Que é o  kernel de Linux? Cal é a versión máis actualizada?
  2. Proba no terminal o comando uname
  3. Que é GNU/Linux? Que é unha distro de Linux?
  4. Consulta a liña de tempo de Linux e anota as tres distribucións das que parten todas as distros que existen.
  5. Cal é a que usamos nós? De que distro  parte?
  6. Podemos dicir que Android é unha distro de Linux? Atención á polémica e tamén aquí

Sistemas de arquivos

Dominamos o de facer carpetas e  ficheiros no terminal. Incluso creamos as nosas arbres de directorios.linux-filesystem

O teu traballo:

  1. Que é un sistema de arquivos?
  2. Nomea os catro que máis se usan
  3. Cal é a raíz do sistema de arquivos de Linux?
  4. Enumera as carpetas que colgan do directorio raíz e o seu  uso
  5. Que é un sistema de arquivos en rede? Nomea dous tipos
  6. Que é o journaling?

Indo de camiño

Hoxe imos tratar o tema do path ou ruta para saber onde están os ficheiros e como chegar a eles.

Unha axudiña nesta páxina.

Comandos que traballaremos:

  • mv
  • cd
  • cp (este é novo)

O teu traballo:

1.- Explica ó teu xeito nunha nova entrada na túa libreta electrónica o que é o path ou a ruta. Pon varios exemplos ben contados.

2 .- Explica que é o directorio pai e como chegar a el.

3.- Que significa no terminal un simple punto .

4.- Cal é a diferencia entre a ruta relativa e a absoluta?

Árbre de directorios: reto

De cando en vez vou deixar que fagades uns exercicios vós soíños. Seguro que sodes quen de facelo…. se non, pois a preguntar a quen saiba: compis, internet, profe, etc. Aí vai a nosa misión secreta para hoxe:

Desexamos crear dous directorios. Un chámase panama e outro hackeados. O directorio hackeados ten que estar dentro do panama.

Precisamos dous documentos de texto: Un chamado bancos.txt e outro chamado empresas.dat dentro do directorio hackeados.
Dentro do directorio panama queremos ter tres ficheiros:
  • luis.txt
  • leo.dat
  • pedro.txt 
O teu traballo:
Publicar unha entrada na que nos contes:
1.- Os comandos necesarios para resolver este caso mostrados nunha captura de pantalla do comando history
2.- Se estando no directorio chamado hackeados  tecleo
cd ..
que sairá por pantalla se fago despois pwd?

Arbre de directorios

Empregando os comandos que xa coñecemos seguro que sodes quen de facer unha carpeta chamada Pruebas da que colguen todos os ficheiros e carpetas da imaxe.

O teu traballo:

Crea no teu ordenador a estructura da imaxe e fai unha captura de pantalla da saída do comando tree cando estás na carpeta Prueba.

Publica un artigo no que mostres esa captura de pantalla. Copia a imaxe e insírea no artigo.