Se das feito esto daquela maior ca cero

Agora o reto do día. Python sabe matemáticas e vós tamén. A división é unha operación con truco: podo dividir números con tal de que non sexa entre cero.

Se quero dividir dous números teño que ten moito tino e debo comprobar antes que o divisor non sexa cero.

Se o divisor é cero daquela  debo avisar dicindo “Misión imposible” en caso contrario  fago sen problemas a división.

O teu traballo:

Mostra o código que resolve este caso.

Que tal facelo interactivo?

Exame inglés

Acaban de contratarnos dun cole para que fagamos un programilla para que os alumnos de primaria repasen os seus coñecementos de vocabulario en inglés. O programa ten que mostrar ós alumnos unha palabra en inglés e o pícaro ten que teclear o significado.

O teu traballo:

  1. Teclear o código que pregunte ó alumno o significado de cinco palabras. Comprobe se é correcto e mostre en pantalla unha felicitación ou un aviso de que o alumno debe mellorar.
  2. Os alumnos teñen que poder facer o exame alomenos tres veces para repasar e reforzar os seus coñecementos.
  3. Cando remata o repaso móstrase en pantalla o resultado

bucle FOR

Un bucle permite que se faga varias veces unha mesma acción. Lembrades a canción de Érase unha vez un barquito chiquitito….. Cantas veces sodes quen de cantala? E coñecedes Un elefante se balanceaba…  Imos implementar estas cancioncitas.

O teu traballo:

Cal é a diferencia entre as dúas cancións?

Que fan as seguintes liñas de código?
for veces in range(0, 3):
_____print("Había unha vez un barquito..")

Que acontece se cambias o cero ou o tres na función range()?
Como podemos modificar o código para cantar a canción do elefante? Damos solucionado eso de que os idiomas humanos teñen singular e plural?

Se todo ben daquela….

Se entendedes esto daquela damos un pasiño importante. Se non o pillades daquela preguntade a calquera, en caso contrario ides ter que insistir ó profesorado. Se tivéramos profe de lóxica daquela sería a persoa axeitada.

O teu traballo:

Se entendes os condicionais daquela inventa situacións como a do regalo, en caso contrario fai probiñas e pescuda por aí.

If ideasChulas==estupendas móstranos o teu código else segue discurrindo.

Que significa elif? Inventa unha situación

Como se indica distinto a ?

Programa un .py onde haxa que escoller unha  operación matemática e facer esa conta con dous números proporcionados polo usuario.

Recursos para probar con Python

Velaí van sitios que poden ser interesantes (e gratis)  para programar en Python.

Normalmente o primeiro é instalar python3 e seguir os pasiños que comentamos neste post de hai uns días.  Pero hai outras opcións para teclear código:

  • Se queredes traballar instalando no ordenador podedes  descargar un IDE como:
    • un clásico chamado idle que pode que xa vos veña ó instalar python
    • un estilo máis moderno: PyCharm
    • especial para cálculos matemáticos: Anaconda
  • Atención a esto: instalar nun pen e usar en calquera Windows (estouno probando, xa vos contarei)
  • Eu uso para os vosos traballiños o notebook  Jupyter

Para aprender un chisquiño máis:

Contratados no súper

O súper da esquina quere evitar as colas da xente que leva poucos productos.  Queren que  o/a caixeiro/a teclee os prezos dos tres productos que leva o cliente e en pantalla apareza a suma total. Por suposto que nos contratan xusto a nós para que resolvamos o problema (moito non van pagar)

O teu traballo:

Copia e pega este esquelete  e completa con código en python.

Coma sempre mostra o código e a execución no teu iCaderno.