Hexadecimal en coloríns

Érase unha vez hai moitos anos cando íamos á tenda mercar pinturas había que pedir “Siena tostada”, “Amarelo limón”. Co paso dos anos inventouse o sistema Pantone e perdeuse toda a poesía. Un dos usos do hexadecimal é precisamente fabricar cores nunha páxina web. Noutro post velliño falábamos desto.

As cores para internet organízanse en tres números que indican canto de vermello R verde G ou azul B botas na paleta de pintor para obter o tono que desexas. O chiste é que a cantidade de cada non sempre se indica de 0 a 10; indícase en hexadecimal. Se tes unha cantidade de azul de valor 09 e queres un chisco máis azulado tes que poñer 0A non vaia ser que poñendo 10 xa te pases. Imos xogar con todo esto.4756

O teu traballo:

1.- Pasa de hexadecimal a decimal o número FF. Lembra explicar como o fas.

2.-  Baixando por esta páxina fai clic nun tono rosa, nun amarelo e nun marrón. Copia o hexadecimal correspondente e trae unha mostra (cadradiño) desa cor. Manipula a ferramenta Cor  do texto que tes para editar na túa libreta electrónica e escribe unha frase coa mesma cor de cada mostra. Teclea algo memorable!!!

3.- Cal é o hexadecimal do branco? e do negro?

Advertisements

Deixar un comentario

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s