Funcións sinxelas

Se queremos ser uns expertos en follas de cálculo non queda outra que afacernos ás funcións. Son truquillos que nos permiten facer operacións de golpe. O único que debemos lembrar é o signo de igual =====

Coido que xa usamos a ferramenta SUMA() para facer as contas dos nosos gastos. Moitas veñen de fábrica, outras podemos programalas nós… pero eso será outro día. Hoxe imos coas máis sinxeliñas.Sen titulooo

O teu traballo:

Unha función chula é CONTA() e serve para…. contar 😉 ou sexa tecleamos unha chea de números ata encher unha columna. Facemos clic noutra casiña calquera. Imos á barra de ferramentas, poñemos o = para indicar que imos traballar con funcións e tecleamos:

=CONTA()

marcamos todos os números da columna e rematamos a paréntese. Xusto ó premer intro a folla de cálculo bota a conta.

Poñede agora palabras nunha columna. Contade cantas son empregando a función =CONTARA()

Probamos tamén con =MÁXIMO(

Como se averiguará o mínimo? Cotilleade no botón que dá o índice de todas as funcións.

Entrade no voso GoogleDrive, facede o mesmo exercicio e publicádeo poñendo a ligazón na vosa libreta electrónica. Facede un titorial para explicar todo o que fixestes

Advertisements

Traballando coas anotacións

Este tema de hardware imos traballalo de varios xeitos distintos:

  • Visitaremos ó  noso superobradoiro da aula do lado (obriga de sacar fotos)
  • Fabricaredes as vosas chuletas en presentacións que van quedar estupendas
  • Aquí pola dereita hai un apartado chamado Anotacións que vén sendo unha especie de libro online. Interésanos agora o apartado Anotacións de hardware. A proposta de traballo consiste en ir completando unhas guías de lectura (das que xa falaremos). Tedes que darvos de alta nunha web para compartir os subliñados e as vosas aclaracións.

O teu traballo:

  • Darse de alta en nesta web e cotillear nela para subliñar e compartir dúbidas e ampliar as anotacións online:

  • Unirse a este grupo de traballo. Lembro que tamén estou eu…. mellor non saírse do tema….

Rebaixas de xaneiro

A nosa empresa está de saldos e queremos facer uns descontos estupendos ós nosos clientes.

O teu traballo:

Nunha folla de cálculo fai unha lista de productos e ponlles os seus prezos. rebaixas-20153Engade unha columna co prezo das primeiras rebaixas que van ser do 20% as segundas serán do 45% pero nas terceiras rebaixas tiramos os prezos cun saldo do 70%

Fai unha folla de cálculo que bote as contas en cadansúa columna. Publícaa e pon a ligazón no teu e-caderno. Fai un pequeno titorial explicando paseniño o que fuches facendo.

 

Clasificación de hardware

Hai moitos xeitos de clasificar os dispositivos que forman parte dun ordenador. Imos quedarnos coa máis evidente: o que está dentro e o que está fóranew-mind-map.

O teu traballo:

Anota na túa libreta a nosa definición de hardware interno e externo. Pon exemplos de tres dispositivos de cada clase. Insire fotos deles.

Pode un dispositivo ser á vez hardware interno e externo? Pon exemplos.

Tes que facer unha presentación de tooodo o que vexamos de hardware para este tema

Contabilidade caseira

A nosa empresa imaxinaria tivo moooitos gastos este ano e por suposto ingresos a manchea. Facendo as contas, é rendible?

Gastos2

O teu traballo:

Nunha folla de cálculo fai dúas columnas, unha cos ingresos e outra cos gastos.

Usando o botón de suma calcula cada total

Nunha casiña nova fabrica a fórmula que reste os ingresos dos gastos. Xa vos boto unha man eu.

Es un empresario/a de éxito?

Fai o mesmo coa  contabilidade doutra empresa no Google Drive, publica a folla de cálculo no teu caderno electrónico insire a ligazón.

Ducias de ovos

As follas de cálculo permiten facer algo parecido a unha programación sinxela. Todos sabemos que unha ducia de ovos son 12 ovos. Imos pedirlle á folla de cálculo que nos faga a conta de cantas ducias son 2342 ovos ou cantos ovos son 23,4 ducias.

O teu traballo:

Escolle a casiña na que imos poñer as ducias.

Escolle a casiña na que vai mostrar o resultado. Teclea o signo igual = e teclea 12* e xusto despois fai clic na casiña onde tecleamos as ducias.

Xa temos programado un conversor de ducias a ovos. Algo así?

Fai o mesmo pero de ovos a ducias

Que tal noutra folla un conversor de km a m? e de megas a xigas? ou de horas a segundos? euros a dólares?