Concretando ideas de cableado

Tócavos a vós xogar  a ser profes. Xa aprendimos unha chea de conceptos e ideas sobre cableado. Imos concretalas a modo de repaso.https://i0.wp.com/hackearwifi.com/wp-content/uploads/DICCIONARIO-wifi.jpg

O teu traballo:

Escribe un parágrafo grandote que teña que ver co tema e deixa buratos con puntiños nos lugares onde aparece o termo.

Inventade un xeito orixinal de dar a solución.

Advertisements

Cableado estructurado

Que acontece cando xa teño conectado ó cable ó meu ordenador? Cómo chega internet por cable á nosa casa?

https://i0.wp.com/ttsipanama.com/wp-content/uploads/2015/09/cableado2.pngO teu traballo:

Elabora unha definición de cableado estructurado

Cal é a diferencia entre o cableado vertical e o horizontal?

Enumera compoñentes dun cableado estructurado e insire fotos na túa libreta electrónica. Lembra poñerlles o nome.

Nun plano do instituto sinala por onde vai o cableado. Súbeo á túa libreta electrónica.

Fabricando cables

Imos fabricar cables. Comezamos coas ferramentas necesarias e faremos unha práctica: tedes que facer un cable de rede. Cotillea todo o proceso aquí

https://i2.wp.com/informatica.iescuravalera.es/iflica/gtfinal/imagenes/im000661.jpg

O teu traballo

Que é o crimpado ou pachado?

Busca un vídeo e incrústao na túa libreta electrónica no que se explique como facer un crimpado.

Engade fotos dunha crimpadora de tenaza (non vale copiar a miña)

Cronometrade canto tempo vos leva facer cadanseu cable.

Averiguade canto cobra por hora de traballo un técnico de instalación de redes e botade conta do que poden ser os gastos en man de obra. Sumádelles os gastos do material que empregades e subilo a unha folla de cálculo á vosa libreta electrónica.

Latiguillos, rosetas e jacks

Xa temos os cables listos e co conector RJ-45 conectado á tarxeta de rede do ordenador. Que hai no outro lado?

Fíxate nesta páxina web  e nas tres  seguintes, son unha explicación con fotos para aprender a montar unha roseta.https://i2.wp.com/www.pasarlascanutas.com/tester_cable_ethernet_rj45/tester_cable_ethernet_rj45_35.JPG

O teu traballo:

Busca un vídeo para incrustar na túa libreta no que mostre como se debe montar a roseta.

Fai un pequeno dicionario no que expliques o significado de roseta, latiguillo, insertadora, conector femia, jack.

Emitindo podcast

Un traballiño simpático que nos pode quedar chulo: xa fixemos unha chea de cousas do tema de cables. Que tal se gravamos un podcast (ou programa de radio) e colgámolo na libreta electrónica?

O teu traballo:

Precisades poñervos de acordo cun pequeno guión e  unhas preguntiñas.

https://i2.wp.com/tecnologia-facil.com/wp-content/uploads/2015/04/que-es-podcast-1.jpg

Xunto cun compañeiro decidides quen é o entrevistador e quen resposta ás preguntas.

Co móbil gravade nunha habitación na que non haxa moito ruído.

Subídeo á conta de iVooX tal como contamos neste artigo anterior.

Compartídeo e incrustádeo na vosa libreta electrónica.

Racks e patch panel

Temos unha aula de servidores no instituto e se lembrades fomos de excursión. Está chea de racks e de patch panels ou sexa armarios con estanterías e paneis de conexión.https://i.ytimg.com/vi/vqeHiC47KGI/maxresdefault.jpg

O teu traballo:

Fai na  libreta unha galería de imaxes con tipos de racks e de patch panels.

Vai á aula de servidores do instituto o co teu móbil saca unhas fotos para engadir á túa galería.

Canaletas

Esta páxina dá moita información sobre canalizacións, se cadra demasiada. https://irocho.files.wordpress.com/2016/01/2c2fa-canaleta-2.gif?w=247&h=185

O teu traballo:

Fai un esquema (por exemplo en bubbl.us) dos tipos de canaletas que existen no mercado coa información desta páxina. Súbeo á túa libreta electrónica con fotos de cada tipo.

Mide os metros de canaleta que hai na nosa aula. Vai de compras por internet e fai  un presuposto para cambiar toda a instalación da aula. Lembra engadir na libreta electrónica as ligazóns das páxinas do material que vas mercar.