Usar complementos

Cando traballamos na nube como con Google Drive podemos mellorar a aplicación usando os complementos.

Xa que traballamos coas follas de cálculo atopei un interesante que se chama Styles que permite mellorar o deseño.

O teu traballo:

Vai á páxina do complemento Styles

Fai clic en Instalar ou no botón Gratis.

Abre o teu Google Drive e preme na barra de menú: Complemento/Styles/Open Styles Viewer

Xoga para poñer, coloríns, headings e temas.

Fai un titorial na túa libreta electrónica de todo o que fixemos e cunha captura de pantalla mostra o teu traballo.

Hai algún outro complemento interesante? Cóntanolo nos comentarios

Advertisements

Linguaxe das follas de cálculo

Que é o que teño que escribir nunha folla de cálculo se quero….https://i2.wp.com/www.universoformulas.com/imagenes/formulas-excel/logicas/funcion-y-ej1.jpg

O teu traballo:

  1.  Obter o día e a hora de hoxe
  2. Sumar o contido das casiñas dende F50 ata F55
  3. Atopar o valor máximo dos valores que hai nas casiñas de H60 ata H70
  4. Que nunha casiña apareza a palabra “Correcto” cando o que hai na casiña C11 é maior ca 100
  5. Que nunha casiña apareza a palabra “OK” se o que hai na casiña B22 é igual a 200
  6. Que nunha casiña apareza “Ben” se o que hai na casiña D33 é maior ca cero e apareza “Mal” se é distinto de cero

Desconto especial clientes VIP

No traballiño anterior tíñades que facer un deseño de factura. Resulta que a nosa empresa acaba de decidir aplicar un desconto do 10% a aqueles clientes que fagan unha compra superior a 33 €.

O teu traballo:

Deseña unha factura como a que xa tíñamos.

https://i1.wp.com/easysportbet.co.uk/wp-content/uploads/vipbettingclub-825x348.png

Engade outra casiña ó final que indique:

Se o total é maior ca 33€ calcula o 10% do total e indica dalgún xeito que o cliente é VIP

Noutra casiña fai a resta do total e o 10% recén calculado.

Comparte a folla de cálculo e engade a ligazón na túa libreta electrónica. Lembra permitir editar.

Facturas a pagar ou cobrar

Retomamos o da nosa empresa. Tiña imaxe corporativa, deseñamos sobres e tarxetas de visita. Agora imos facer unha proposta de factura. Colle ideas por aquí.

O teu traballo:https://i2.wp.com/www.exacompta.com/images/produits/references/M-73287S_1.jpg

Fai unha folla de cálculo para usar na túa empresa. Averigua en internet todo o que ten que ter: concepto, prezo, IVE…

Ten que ser de tal xeito que se poño os productos que quero vender e o prezo ten que facer a suma, calcular o IVE e mostrar o total que debe pagar o cliente.

Programa en Google Drive e comparte a folla de cálculo para que eu poda poñer novos productos e faga as contas.

Fai unha chuleta-titorial para lembrar como fixemos.

Traballo adicional de follas de cálculo

Esta páxina ten unha chea de actividades. Imos traballar con ela cada quen ó seu ritmo.Captura de pantalla de 2016-02-04 10:57:38

O teu traballo:

Escolle idioma e vai á lapela que se chama Prácticas Guiadas vai amodiño dende o nivel inicial ata o avanzado.

Vai gardando nunha carpeta os traballiños para poder velos.

Conta na túa libreta o que vas facendo a modo de diario: Día1, Día 2,….

Concursos de palabras

Podemos facer pequenos concursos empregando unha folla de cálculo e todo o que sabemos. Botade un ollo a este screencast.kidwins2

O teu traballo:

Facer unha folla de cálculo cun concurso no que o usuario ten que acertar o significado nun idioma dunha palabra dada noutro.

Facémola no Google Drive e compartides o documento para que poidamos xogar todos.

Cousas iguais?

Podemos empregar o que se chaman funcións lóxicas para comparar se dúas cousas son iguais, por exemplo. Cotillea na lista de funcións da túa folla de cálculo para ver se atopas unha función que se chame =SE() ou ben =SI() ou pode que =IF()https://i1.wp.com/www.umcaminho.com/wp-content/uploads/2014/11/igualdade.jpg

O teu traballo:

Na mesma libreta de notas de famosos da actividade anterior empregade esta función para obter nunha columna que poña a palabra “aprobado” na fila do alumno que teña unha calificación superior a 5.

Lembrade contar como ides facendo e poñede unha ligazón á vosa folla de cálculo.