Quen somos?

Actualización: outro ano máis pero desta volta cambiou o deseño. Que tal? Que opinades?

Este blog  é unha proposta de traballo para os meus alumnos e alumnas. Naceu pretendendo ser o que é: un rocho cativo e interneteiro.

O  obxectivo de rocho-950x264.png  é ser un apoio para a aprendizaxe das materias que me toca ir dando. Non é para aprender a navegar por internet, nen manexar as TIC, nen ser expertos deseñadores web. Non sabemos se estaremos na categoría de WebQuest ou de e-learning. Precisamos un chisco de todo eso pero o obxectivo é menos ambicioso? ou … se cadra… máis ambicioso?.

Queremos aprender todos xuntos.

E non teño nin idea de se este é un bo xeito de facelo. Non sabemos se funcionará… pero imos tomalo con cariño, ou?

Tedes toooda a razón, a cousa está moi en pañales. Comezou nunha substitución nas clases de ciencias e matemáticas na ESO. Formabamos parte do programa Abalar polo que os rapaces tiñan cadanseu ordenador. Ían  resolvendo na aula as actividades e pequenas investigacións que se lles  propoñían. Na casa non quedaba outra que seguer traballando dun xeito máis tradicional. Nada en contra do libro e do lapis. Se cadra é certo que cada quen ten o seu estilo de aprendizaxe e non imos desbotar ningún.

Co tempo  foi engordando  e coñecimos os ciclos formativos. Converteuse nun repositorio de materiais, diaposfotos ou apuntes. Os alumnos chegaron a descargalos no móbil. (Ides ter que convencerme de que é cómodo estudiar na pantalliña do móbil!! )

https://i2.wp.com/icdn.pro/images/es/p/o/popup-conversacion-twitter-icono-3967-256.pngCreamos o noso twitter. Que é onde se chían as novidades.

Despois  rocho-950x264.png  mudou -mudamos- cara á FP Básica e desta volta multiplicámonos: cada alumno e cada alumna ten un blog propio. Se cadra é un tanto ostentoso o nome pero imos dicir que fabricamos libretas electrónicas ou e-Libretas ou i-Cadernos. Ofreceremos breves introducións, materiais, pdf, recursos,… e o parágrafo que demos por titular:

O teu traballo

para completar ou propoñer un cuestionario na súa libreta electrónica, facer un comentario, escribir un artigo, unha pequena investigación, representar un gráfico, emitir un podcast, ou o que vaia xurdindo.

Seino, seino, hai xeitos mellores: Drupal, Moodle, Joomla,… pero  a cousa non é deixar abraiado coa web; mellor deixarse replicar  e que os alumnos e as alumnas sexan quen de ter confianza a trafegar neste  mundo, que é no que van vivir no futuro.

E seguimos medrando. E se en troques de fotocopias temos as nosas anotacións na nube e usamos GitHub? Se cadra alguén se anima a facer un fork e un pull request? Vale, vale, ben sei que hai que adicarlle un chisco máis de tempo pero seguimos inventado posibilidades.

Co tempo a profe decide aprender idiomas e  comparte o que vai currando en Medium.

 Por suposto temos o noso correo electrónico.

Están vostedes convidados a botar unha man, é máis … anímense… vaian deixando un comentario aquí mesmo. Xa, xa… veña, vai…. xa está ben, marchen XA desta páxina!!!! e fagan o que hai que facer:

    • navegar,
    • preguntar,
    • ler,
    • discutir
    • escribir,
    • respostar
    • descubrir,

Sexan vostedes benvidos a:

rocho-950x264.png

Advertisements

Unha opinión sobre “Quen somos?

Deixar un comentario

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s