Anotacións de correo

Xa temos a versión 2 dunhas  pequenas anotacións sobre o servizo de correo.

Deixovos tamén unhas diapos para que xoguedes cunhas cuestións sinxelas.

Comprobacións varias de correo

Foto de Sincerely Media en Unsplash

Imos verificar que o noso correo funciona e aproveitamos para aprender comandos novos. Xa dixemos que telnet non se debe usar para nada máis que facer comprobacións, verdade?

O teu traballo:

Supoñemo que xa fixemos un systemctl status e que non temos erros. Outras comprobacións que podemos usar son:

  • ps aux | grep postfix
  • telnet localhost pop3
  • telnet localhost imap2
  • telnet localhost smtp

Proba estes mesmos comandos para postfix e dovecot e usando os portos en troques dos nomes de protocolo.
Onde están os ficheiros de configuración de postfix e dovecot?
Fai capturas de pantalla e súbeas ao teu blog explicando os teus resultados.

Reenvío automático de correo

Que pasa se quero que todos os meus correos vaian á conta dun compañeiro? ou á de todos os que traballamos nun proxecto? Neste caso debemos ter un mecanismo para que cada mensaxe que me chegue se reenvíe automaticamente á conta de luis@insti.lan

O teu traballo:

Precisamos crear un ficheiro oculto chamado .forward  que vai ser parecido a o que fixemos cos alias. Entro coa miña conta de  maripili e tecleo:
nano /home/maripili/.forward
tecleamos alí, tal cual: luis

Olliño cos permisos: os do grupo non deberían poder modificar este ficheiro, só maripili
chmod  600 /home/maripili/.forward
Comproba con ls -al

Agora mandamos un correo a maripili@insti.lan e comprobamos que lle chega a luis@insti.lan

Fai ti o mesmo e publica a túa captura.

Luis terá as mensaxes na carpeta correo/new?

Melloras no noso correo

Imos ir facendo melloras ao noso servizo de correo.

O teu traballo:

Consultando esta web imos ir mellorando as prestacións do noso servizo de correo.

Por exemplo, imos publicitar que existe a conta incidencias@insti.lan para que se envíe a esa conta información sobre o sistema. En realidade quen vai ler eses correos vai ser maripili polo que imos crear un alias:

Deixamos unha única liña no ficheiro /etc/aliases que poña:

incidencias: maripili

  • Tecleamos despois no terminal newaliases e se tal reiniciamos postfix.
  • Entramos como un usuario calquera que envía un correo a incidencias@insti.lan informando do fallo de algo.
  • Entramos na conta de maripili e alí debería estar o correo.

Servidor de correo en Ubuntu

Agora imos facer un servidor de correo pero en Ubuntu para poder usar un  MUA en gráfico tipo Thunderbird e un web mail.

O teu traballo:


Pregúntanos se asumimos o risco da falta de seguridade e dicimos que si:

Xa podemos enviar un correo: