Mensaxes secretas

Sabedes o que é a criptografía? Como se mandaban mensaxes secretas na antigüidade? Neste artigo vai unha pequena historia. A nós interésanos saber como se move a información polos nosos ordenadores.morse

Para tratármonos de entender como viaxan os datos xogamos con códigos binarios, aquelo dos puntos e raias do Morse e o código ASCII .

Aínda que pareza increíble en ASCII poden facerse incluso pelis. Que tal a Guerra das Galaxias?

O teu traballo:

  1. Anota na o teu nome en Morse.
  2. Visita esta páxina que fai grafitis con caracteres en ASCII e copia  e pega na túa libreta o teu nome. Podes usalo como sinatura nos teus correos electrónicos.
  3. Vai ó terminal e en nano intenta facer algo parecido a un debuxiño con caracteres ASCII. Insire a captura de pantalla na presentación

Codificación

Os ordenadores son pobres máquinas que o único que fan é mandar corrente eléctrica de aquí alá. Eso dos uns e ceros parece non ter mérito pero mira ti onde son quen de chegar: realidade aumentada, intelixencia artificial, … e nós imos chegar ata:

azul

O teu traballo:

Fai uns apuntiños en formato presentación. Teñen que incluír:

  1. Conta ata 8 en binario.
  2. Como se suman dous números binarios?
  3. Explica   como pasar de decimal a binario (e viceversa).
  4. Explica como convertir eses uns e ceros en letras do código ASCII.
  5. Cal é a diferencia entre código ASCII e UNICODE?
  6. Para ver se a man imos facéndoo ben. Outro conversor aquí.

Complemento a 2

Este é o xeito definitivo de representar negativos. Lembrade, se é positivo deixámolo en signo-magnitude, se é negativo facemos o complemento a un de todos os díxitos e sumamos un. Se temos carrexo pois non lle facemos nin caso.

binario_matrixO teu traballo:

Seguro que o imaxinas:

  1. Se o meu ordenador traballara  en complemento a 2, como serían 23DEC, -23DEC
  2. Como é o cero en complemento a 2
  3. Fai unha lista de números dende cero contando cara “atrás” ata -4DEC. Convírteos en complemento a 2

Comproba as túas contas empregando esta páxina (se atopas outra mellor compártea nun comentario)

Binarios con signo?

Pode que precisemos un pequeno repaso nesta fin de trimestre das conversións de números. Como podemos representar números negativos? Falamos na aula de tres solucións:binary_codes

Imos practicar as dúas primeiras.

O teu traballo:

  1. Se o meu ordenador traballara  en signo-magnitude, como serían 23DEC, e tamén -23DEC
  2. Se o meu ordenador traballara  en complemento a 1, como serían 23DEC, -23DEC
  3. Como é o cero nos dous métodos?
  4. Fai unha lista de números dende cero contando cara “atrás” ata -4DEC  Represéntaos en signo-magnitude e en complemento a 1 nunha táboa
  5. Cal é o número máis grande que se pode representar con estes métodos? Cal era cando non tiñamos en conta o signo?
  6. Anota na túa libreta as vantaxes e desvantaxes destes métodos de representación. Consulta na wikipedia

Comproba as túas contas empregando esta páxina (se atopas outra mellor compártea nun comentario)