Reenvío automático de correo

Que pasa se quero que todos os meus correos vaian á conta dun compañeiro? ou á de todos os que traballamos nun proxecto? Neste caso debemos ter un mecanismo para que cada mensaxe que me chegue se reenvíe automaticamente á conta de luis@insti.lan

O teu traballo:

Precisamos crear un ficheiro oculto chamado .forward  que vai ser parecido a o que fixemos cos alias. Entro coa miña conta de  maripili e tecleo:
nano /home/maripili/.forward
tecleamos alí, tal cual: luis

Olliño cos permisos: os do grupo non deberían poder modificar este ficheiro, só maripili
chmod  600 /home/maripili/.forward
Comproba con ls -al

Agora mandamos un correo a maripili@insti.lan e comprobamos que lle chega a luis@insti.lan

Fai ti o mesmo e publica a túa captura.

Luis terá as mensaxes na carpeta correo/new?

Deixar un comentario