Agora tócavos facer un script co que configurar iptables para que a túa máquina virtual verifique as seguintes condicións. Debes usar módulo state en tres regras, polo menos.
O teu traballo:
- O firewall debe permitir só facer ping a outra máquina.
- Consultar só ao servidor DNS
- Permitir o acceso http/https
- Permitir acceder ao teu Windows por ssh
Sube as seguintes capturas:
- O listado de regras de iptables (non o script) visto dende Windows.
- Demostración de que non se fai ping a 8.8.8.8
- Obtén a IP do museodelprado.es indo polo servidor indicado.
- Podes ver a páxina web de https://www.farodevigo.es na túa kali? Explica a razón.



