Lazos con hubs e switchs

Seguimos co manual e hoxe abordaremos o que acontece se teño varios dispositivos intermedios e aumenta o tráfico de rede. Terei colisións?

O teu traballo:

Na páxina 42 do manual online que estamos usando estes días está o  TRABAJO 5. Reprodúceo no teu Packet Tracer, trata de entender todo o que alí conta.

  1. Para que se usa o protocolo STP?
  2. Como fai para eliminar bucles?
  3. Que acontece coa táboa ARP nun hub?
  4. Fai unha animación en Packet Tracer do que pasa no switch.
    1. Grava un vídeo de VBox formato .webm
    2. Convírteo a gif nesta páxina para poder subilo ao teu blog.
    3. Explica todo o que alí sae e as razóns do que acontece.
    4. Captura a saída de show spanning-tree

Para aprender moito máis do Spannig Tree podedes escoitar o podcast de Eduardo Collado. Este podcast e calquera outro, este señor  é unha referencia no mundo das redes de ordenadores.

Deixar un comentario