Que é un certificado dixital?

Imos aprender un chisco máis desto dos certificados dixitais. Estupenda esta páxina.

http://www.museocasadelamoneda.es/documents/11610/18833/avisolegal.gif/921c9178-f7d8-4f07-8e5d-3214fedb74b7?t=1362749576779

O teu traballo:

  1. Que era un certificado dixital?
  2. Cando vou eu asinar un papel a facenda é mellor que cando o asino dixitalmente?
  3. Sempre é un ficheiro?
  4. Pon un exemplo dun certificado dixital tipo hardware
  5. Quen emite os certificados dixitais?
  6. Que acontece cando asino nunha páxina web co meu certificado?
  7. Que validez ten un certificado da FNMT? e os do DNI electrónico?
  8. Que é un certificado raíz?

Como saben que eu son eu?

Cando facemos calquera trámite coa Administración, sexa o concello, a xunta ou o ministerio debemos identificarnos. Con internet xa non temos que ir ó sitio pero…. como sabe a Administración que eu son quen digo que son?

O teu traballo:

  1. Averigua o que é o DNI electrónico
  2. Cales son os seus usos?
  3. cales son as súas características técnicas?
  4. Que información garda o chip?

Para acceder á información que se garda no dni electrónico temos programas que son quen de mostrar o que hai no chip. Aquí un artigo cunha suxerencia para o móbil.

Aquí un artigo sobre a tecnoloxía NFC e o futuro DNI 3.0

Como saben que eu son un ser humano?

Cando abrimos unha conta en internet  debemos identificarnos. Como sabe a páxina na que estou que son un ser humano e non un ordenador  programado para abrir contas a chorrón?CAPTCHA_google

O teu traballo:

Na túa libreta electrónica resposta a:

  1. Cando abrimos a conta en gmail, que datos persoais nos pide?
  2. Para que se usa o captcha? Que é un spambot?

No fondo ten que ver co que se chama o Test de Turing que é un tema interesante de debatir, ten que ver coa intelixencia artificial….. Charlamos deso un rato? Coñecedes a Alizia?

Ataques

Esto de usar papel é un tanto arqueolóxico pero son tantos os ataques que se poden producir por internet que non é sinxelo resumilos. Paseivos un resumo que tedes que aprender polo miúdo.

 O teu traballo:

Vai a Google Drive e fai uns formularios con dez preguntas para repasar tooodos os tipos de ataque.

Usa bubbl.us para facer un mapa conceptual do tema.

Busca vídeos por internet que falen de ataques cibernéticos e insíre no teu caderno o máis interesante.

Cifrado asimétrico

Imos crear dúas chaves para empregar o cifrado asimétrico. Podemos facelo empregando un programa que temos todos na máquina virtual.

O teu traballo:

Arranca unha máquina virtual con Linux. Vai ó terminal e teclea o comando:

ssh-keygen

Vainos xenerar dous ficheiros: un con extensión .pub e outro é a chave  privada.

Publica no teu caderno electrónico a túa chave privada