Microprocesador

Nas nosas anotacións temos información sobre o elemento máis importante do ordenador: o procesador.

O teu traballo:

No teu caderno elabora un texto que dea resposta ás preguntas seguintes:

  1. En que consiste a CPU? En que unidades se mide a súa potencia?
  2. Cales son as súas partes?
  3. Cal é a parte que fai os cálculos matemáticos?
  4. Que son as instrucións da Unidade de Control?
  5. Anota as compoñentes que precisan rexistros para traballar
  6. Que é o acumulador?
  7. Onde está situada unha caché L1?
  8. Cal é a caché de maior capacidade? A máis rápida?
  9. Pescuda por internet a diferencia entre un socket LGA e un ZIF. Engade fotos.
  10. Que son os  núcleos (core) dun procesador?

Deixar un comentario