Hoxe imos traballar cunha aplicación para facer notas. Paréceme moi interesante incluso para catalogacións ou para facer unha wikipedia íntima e de andar por casa para todas esas cousas que nunca sabes onde anotar.
O teu traballo:
Por facer algo distinto imos crear un vault en ObsidianPortable de hardware de rede. Así repasamos o formato Markdown e pescudamos como vai eso dos Zettelkasten que son moi interesantes.
Podedes facer os vosos vault directamente nun pen externo. Están en ObsidianPortable/Data/Vault se non lle dicides outra cousa na configuración.
Unha opinión sobre “Zettlekasten con obsidian”