Redes sen fíos

Imos cun chisco de teoría. Consultando por exemplo aquí para aprender sobre as redes sen fíos, dende o intercambio de fotos por bluetooth ata as wifis das empresas.

O teu traballo:

Usando a técnica de  Zettlekasten (da que xa falamos aquí)  crea unha carpeta con notas sobre este tema. Lembra que unha nota non debe ser do equivalente a máis dunha pantalla. Engade fotos e  enlaces a vídeos para que quede un traballo moi chulo.

Como ves no capítulo do libro algúns conceptos están un pouco anticuados, é a túa responsabilidade actualizar os contidos. Por exemplo, fala de wifi 6?

Medio de transporte sen fíos

Atopei un tema dun libro que fala xusto do que imos abordar hoxe: como é eso de comunicarse por WiFi e por ondas electromagnéticas?

O teu traballo:

  • Atopa unha pequena definición de onda electromagnética.
  • Bótalle un ollo ao documento para ver vantaxes e desvantaxes do uso.
  • Na páxina 230, que factores hai que considerar para a súa implantación?
  • Xa na páxina 238, averigua o que é un PA? e na px. 240, cales son os modos de conexión? Anota no teu blog
  • Seguimos na 241, que significa SSID? que é WPA2?

Despliegue de redes inalámbricas

Comezamos este tema coa teoría. Consultando por exemplo aquí fai as seguintes actividades.

O teu traballo:

  1. Usando bubbl.us fai un mapa conceptual cos pros e os contras de usar unha rede inalámbrica
  2. Outro bubbl.us sobre os tipos de redes inalámbricas
  3. Outro sobre as vantaxes e inconvintes das redes cableadas fronte ás inalámbricas.
  4. Creamos entre todos un documento compartido en Google Drive onde anotemos o que consideramos máis relevante de cada apartado.
  5. Incluímos mapas conceptuais, esquemas, imaxes,…
  6. Insire no teu caderno electrónico a ligazón para que todos podamos ver o teu Prezi que sexa resumo do tema..
  7. No .pdf anterior aparece na páxina 248 uns exercicios de repaso. Ánimo. Escolle o teu formato preferido para respondelos e entrega ata o 10 esta semana.
Máis información para conectarse polo terminal