Para facer un control de versións imos empregar git e farémolo desta volta no terminal dunha máquina virtual con Linux. Comezaremos coa instalación e trataremos algúns conceptos que temos que ter afianzados para seguir adiante. Non é sinxelo ao principio, imos de vagar e xa veredes que é moi interesante.
O teu traballo:
- Instala git no teu equipo:
apt install git - Configúrao cos teus datos, só tes que facelo unha vez na vida:
git config --global user.name "o teu nome entre comiñas"
git config --global user.email "o teu correo electrónico"
- Comproba que escribiches os datos ben:
git config --list - Imos facer o noso primeiro control de versións, fai capturas de todo:
- Crea unha carpeta que se chame versioncitas/
- Mete nela un par de ficheiros: README.md e código.py con algo de contido.
- Agora imos dicir no terminal que queremos ter control de versións nesta carpeta:
git init - Comprobo que aconteceu:
ls -a versioncita/ - Cotillea o que tes en
ls .gitnunca imos precisar tocar esta carpeta: todo vai ser automático. - Averigua a situación na que estamos:
git status - Agora imos engadir os ficheiros para que controle as versións segundo imos traballando tal e como nos indica:
git add --allFicheiros engadidos, tecnicamente dise que están na stagging area (ver debuxiño arriba) - Notade que nos avisa de que temos que facer un commit que vén sendo confirmar que os ficheiros van pasar ao repositorio local no disco. Debemos poñer tamén unha mensaxe con información. Tecleamos
git commit -m "O meu primeiro repositorio en local, que ilu" - Comprobamos que todo está ben:
git status - Visualizamos o que fixemos:
git log - Modifica un dos teus ficheiros, p.e. engade unha nova liña de texto, e volve a metelo na stagging area e facer un commit desta nova versión para o teu repo local.



