Practicando con git e github

Repasamos todo o que aprendimos e farémolo usando  o terminal  de VSCode.

O teu traballo:

  1. Crea un repo en GitHub que se chame python co README.md correspondente.
  2. Clónao no teu equipo local usando git clone
  3. Fai ficheiros para cada unha das tarefas do que vimos de python.
  4. Fai un git commit e súbeo a GitHub con git push
  5.  Crea unha póla que se chame git branch desenvolvemento
  6. Cambia de póla para traballar alí con git switch desenvolvemento
  7. Cando teñas algo interesante  revisa as diferencias entre commits con git diff
  8. Volve á póla principal cando remates
  9. Incorpora os teus cambios con git merge desenvolvemento
  10. Sube a GitHub o teu traballo con git push
  11. Explica na parte de wiki de GitHub como fixeches todo.
  12. Fai un gist de chuleta para ter todo a man

 

Decorando git log

Cando obtemos información de como van os nosos commits empregamos o comando git log Resulta que ten un montón de opcións, próbaas todas e queda coas que vexas máis interesantes.

O teu traballo:

Usando esta páxina como referencia escolle un repositorio que teñas a man con varios commits e pólas e moitos ficheiros e xoga coas opcións.

  1. Que fai --oneline
  2. Se tes pólas usa --graph
  3. Cal prefires --stat ou -p
  4. Pon algo persoal con --pretty=format:"xxxxxxxx"

Descargando cambios de GitHub

Xa  subimos a nosa chave pública para usar SSH, xa fixemos un repo en GitHub, xa o clonamos, fixemos cambios que  subimos con git push. Agora imos traballar na nube e despois descargar o novo que fixemos no repo na nosa máquina para telo todo ao día.

O teu traballo:

Vai á páxina web en GitHub dun dos teus repositorios. Fai clic nese + que aparece enriba da lista de ficheiros:

Crea un novo arquivo en markdown cun nome interesantísimo e edítao con texto relevante.

Fai un Commit changes.. como na captura de pantalla e volve á páxina principal do proxecto. Está alí? Argalla todo o que desexes en GitHub.
Agora volvemos á nosa máquina e usando o terminal imos descargalo:
git pull

Fai as túas capturas para demostrar que dominas as descargas.

Clonando con ssh e subindo cambios

Hoxe toca aprender a baixar un repo de internet  con SSH, facerlle modificacións e despois aprender a subir a internet os cambios.

O teu traballo:

Daquela eu tería que teclear no terminal da miña máquina:
git clone git@github.com:irocho/instituto.git
Ti tes que poñer o que diga o teu repo.

Xa o tes na túa máquina? Pois agora a xogar no terminal:

  1. Cotillea o que hai: git status; git log; git branch
  2. Mellora o README.md. Fai un commit
  3. Mete un logo na túa carpeta usando o xestor de ficheiros. Fai un commit
  4. Usa o logo no teu README.md Fai un commit
  5. Fabrica un novo ficheiro con algo bonito. Fai un commit

Cando vexas que quedou chulo teclea para subir a GitHub:
git push

Agora vai mirar á túa páxina web do repositorio e verás que todo o novo está alí.

Crear repo en GitHub

Polo de agora practicamos facendo carpetas que versionábamos no terminal. Agora tócanos facer directamente un repositorio en GitHub e ver todas as posibilidades de traballo que temos alí.

O teu traballo:

Na portada da nosa conta de GitHub fai clic na lapela que di Repositorios e alí arriba en verde prememos en  New Repo

  1. Inventamos un nome estupendo para o repo. Eu vou poñer de nome contornos. Non podedes poñer espazos en branco e mellor todo en minúsculas
  2. Lembrade indicar que  queremos README.md (xa nolo dá feito)
  3. Se queredes escollede unha licenza, sabedes do tema?

O meu repo quedou así:Fai clic en README.md e aparece un editor que permite que presumas de todo o markdown que sabes.

Fai unha entrada no  teu blog explicando como fixemos e pega a URL do teu repositorio para que poidamos visitalo. Incluso lembrades que falamos de facer forks?