Pull request en GitHub

Ás veces tradúcese coma Solicitude de cambios e a idea é que todos colaboremos nun repositorio. Así é como é posible que moitos programadores traballen nun mesmo proxecto sen pisarse uns aos outros e como se constrúe  o código.

O teu traballo:

Vouche contar como fixen para mandar un pull request ao meu propio repositorio. Neste caso eu fago de autor, contribuíndo  con modificacións,  pero tamén farei de  revisor xa que é o meu repo e mando nel 😉:

No meu terminal tras clonar un repositorio fíxenlle unha nova póla á que chamei cambios e movinme a ela, modifiquei algo dos meus ficheiros e alí mesmo confirmei todo:Fixádevos ben na derradeira liña para subir a GitHub engadín o nome da póla nova para que tamén a suba á nube: git push origin cambios

En canto entro no meu repo en GitHub descubro en amarelo o aviso seguinte:que me suxire que faga un pull request, é dicir está pedíndome que confirme que me interesa o que acabo de subir. Voulle dici que por suposto que si:

Mirade ben que os nomes das pólas sexan correctos base:main e a outra compare: cambios  Lembrade poñer un título interesante e unha explicación do que estades facendo para que o revisor entenda a vosa proposta de mellora. Mira ben debaixo as diferencias entre ficheiros. Clic no botón verde de Create Pull Request.

Agora comeza o traballo do revisor (do dono do repo e autorizados). É interesante que incorpore estes cambios? Daquela teño que incorporalos/merge:

Seguro? Aparece unha confirmación na que incluso o revisor pode poñer un comentario, por si acaso:

Que vai ser da póla que subín? A mesma páxina permite que a borre se tal:

Mirade a portada do repositorio, quedou estupenda coas melloras. Cal é a situación na que estou agora no terminal? No meu caso aquí estou:

A póla borrouse en remoto pero aínda está en local, incluso é onde quedei. Vou cambiar á principal e descargar o que teña en remoto. No meu caso sería:e listo xa teño todo ben sincronizado.

  1. Agora tócache a ti contribuír co nome dun dos teus repos ao  ficheiro AUTHORS.md no meu repo. Para axudar un chisco tes neste issue unha pequena receta
  2. Na descrición do Pull Request pon o nome dun dos teus repos en GitHub e todos imos ir alí a propoñeche algunha mellora. Eu tamén !! Paseniño o que tes que facer está neste issue
  3. Fai capturas de todo o que estamos facendo a modo de chuleta e súbeo ao teu wordpress.