Imos tratar das redes privadas virtuais. Consultaremos este documento para entendelas e despois imos montar unha nas nosas máquinas.
Para aprender sobre VPN na empresa botade un ollo a este documento do incibe.es
O teu traballo:
Imos montar unha VPN empregando WireGuard coa axuda desta páxina web:
- Coma sempre actualizamos apt e despois instalamos:
sudo apt install wireguard - Entramos no directorio como superusuario
cd /etc/wireguard - Xeramos as chaves pública e privada de golpe:
wg genkey | tee chavePrivada | wg pubkey > chavePublica.pub- Mirade destes ficheiros e copiade o contido da chavePrivada
- Imos fabricar o ficheiro de configuración:
nano /etc/wireguard/wg0.conf - Introducimos os datos dunha rede virtual privada:
[Interface]
Address=10.66.66.1/24 - Xusto despois, tecleamos o porto que escollemos:
ListenPort=1194 - Agora engadimos a chave que xeramos hai un chisco:
cat chavePrivada >> wg0.conf - A mín quédame algo así:

- Gardamos e arrancamos a interfaz virtual con:
systemctl start wg-quick@wg0 - Miramos se temos esa outra intefaz de rede co tradicional
ip addrCal é a IP de wireguard? Podes facerpinga esa IP? - Existe un comandito rápido para saber se todo vai ben:
wg
