Hoxe toca aprender a baixar un repo de internet con SSH, facerlle modificacións e despois aprender a subir a internet os cambios.
O teu traballo:
- Xa tes na túa conta de GitHub a chave pública da máquina coa que estás traballando?
- Xa tes un repo interesantísimo preparado en GitHub?
- Visita a web dese repo e anota o que sae ao facer clic en Code e despois SSH
Daquela eu tería que teclear no terminal da miña máquina:
git clone git@github.com:irocho/instituto.git
Ti tes que poñer o que diga o teu repo.

Xa o tes na túa máquina? Pois agora a xogar no terminal:
- Cotillea o que hai:
git status; git log; git branch - Mellora o README.md. Fai un commit
- Mete un logo na túa carpeta usando o xestor de ficheiros. Fai un commit
- Usa o logo no teu README.md Fai un commit
- Fabrica un novo ficheiro con algo bonito. Fai un commit
Cando vexas que quedou chulo teclea para subir a GitHub:
git push

Agora vai mirar á túa páxina web do repositorio e verás que todo o novo está alí.

