Crear repo en GitHub

Polo de agora practicamos facendo carpetas que versionábamos no terminal. Agora tócanos facer directamente un repositorio en GitHub e ver todas as posibilidades de traballo que temos alí.

O teu traballo:

Na portada da nosa conta de GitHub fai clic na lapela que di Repositorios e alí arriba en verde prememos en  New Repo

  1. Inventamos un nome estupendo para o repo. Eu vou poñer de nome contornos. Non podedes poñer espazos en branco e mellor todo en minúsculas
  2. Lembrade indicar que  queremos README.md (xa nolo dá feito)
  3. Se queredes escollede unha licenza, sabedes do tema?

O meu repo quedou así:Fai clic en README.md e aparece un editor que permite que presumas de todo o markdown que sabes.

Fai unha entrada no  teu blog explicando como fixemos e pega a URL do teu repositorio para que poidamos visitalo. Incluso lembrades que falamos de facer forks?

Conectar por SSH con GitHub

Sabemos algo de git e agora queremos traballar cos nosos repositorios en remoto. Xa temos conta en GitHub?

O teu traballo:

GitHub quere saber quen somos e para entrar na súa web pídenos un contrasinal e podemos autenticarnos con dous factores se queremos. Imos tratar de que cada vez que fagamos algo en remoto non sexa necesario teclear nada. Usaremos unha parelliña de chaves público-privada e pasaremos á web a chave pública.

  1. Teclea en linux ssh-keygen
  2. Podes aceptar todo o que trae de fábrica facendo intro en cada pregunta. Anota onde vai gardar a parella, normalmente estarán en /home/usuario/.ssh
  3. Vai a esa carpeta e copia o contido do ficheiro que remata en .pub
  4. Abre a túa conta de GitHub
    1. Á dereita arriba, onde o teu avatar escolle Settings
    2. Na columna da esquerda fai clic en SSH  and GPG Keys
    3. Preme en New Key
    4. Teclea un título, por exemplo Máquina Virtual do insti
    5. Pega a túa chave pública e Add SSH KeyDebería quedar algo así como:

Comproba que das conectado con GitHub:
ssh -T git@github.com

Dille que yes a  ser  amiguitos. A partires de agora cada vez que usemos o equipo no que está a nosa parella de chaves pública-privada GitHub xa sabe quen somos.

Devasas ou firewall

Algo de firewalls aprendemos cando traballamos con ufw. Este paquete é en realidade unha especie de atallo a iptables que é co que imos traballar. Tamén imos utilizar para visualizar os paquetes que entran e saen do noso equipo empregando Wireshark.

O que non tratamos moito foi os tipos de firewall e o que se chama seguridade perimetral.

O teu traballo:

Aquí unhas anotacións sobre firewalls.

Desactivar o ufw e incluso para as nosas seguintes prácticas podemos incluso desinstalalo:

sudo ufw disable
sudo apt purge ufw

Cousiñas para ter en conta: que facían os seguintes comandos de linux?

ping cesga.es
wget http://www.xunta.gal
ftp ftp.rediris.es
host www.google.com
sudo netstat -putan  <-Información aquí