Imos botar contas de cantos equipos caben nunha rede das sinxeliñas, das clase A, B ou C.
O teu traballo:
- Teño unha rede con IP 192.168.7.0 de que clase é?. Todas as IP dos equipos desta rede teñen fixados os tres primeiros octetos, ou sexa, todas teñen a pinta 192.168.7._ e o octeto que falta pode variar de 0 a 255. Cantos equipos poden formar parte desta rede? Lembra non contar a IP de rede e a IP de broadcast. Cantos bits hai na parte de host, o chamado hostid?
- Teño unha rede con IP 130.108.0.0 cal é a súa clase?. Como o sabes? Todas as IP desta rede teñen fixados os dous primeiros octetos, ou sexa, comezan todas por 130.108._._ e os outros dous octetos poden variar de 0 a 255. Cantos equipos poden formar parte desta rede? Cantos bits hai no hostid?
- Teño unha rede con IP 12.0.0.0. Todas as IP desta rede teñen fixado o primeiro octeto, ou sexa, comezan todas por 12 e os octetos que faltan poden variar de 0 a 255. Cantos equipos poden formar parte desta rede?
Cal é a fórmula para averiguar cantos equipos poden estar nunha rede? Pista: 256 = 28
