Como sabemos un chisco de Python e xa o utilizamos nun terminal de Linux (tamén en Jupyter Notebook) imos agora preparar o noso IDE para usalo con esta linguaxe. 
O teu traballo:
Existe unha extensión cunha chea de ferramentas para programar en Python como ves na captura que fixen. Imos ir vendo aos poucos cada unha delas.
Instala hoxe no teu VSCode a que se chama Python e é de Microsoft, olliño xa que hai unha chea delas.
Bótalle un ollo a esta páxina onde conta como probala. Por suposto aquí tamén podes ir a Archivo/Preferencias/Configuración e na barra de busca teclear o nome da extensión e poñelo todo ao teu gusto. Polo de agora imos deixalo como o trae de fábrica.
Fai unha captura de pantalla do teu VSCode no que demostres que tes a extensión instalada.

