Métodos abreviados de teclado en json

Xa sabemos utilizar en VSCode F1 para ver a paleta de comandos pero se usamos algunha opción moitas veces paga a pena aprender unha combinación de teclas e facelo de vez. É o que se chaman os métodos abreviados ou atallos de teclado.

O teu traballo:

Imos instalar unha extensión para encher un ficheiro de texto e facer probas e de paso aprender sobre atallos de teclado

    1. Crea un ficheiro que se chame lorem.md e ponlle un título calquera  en markdown
    2. Instala a extensión que se chama lorem
    3. Preme F1 e teclea na paleta a palabra lorem
    4. Que acontece? Fíxate que tes un estupendo texto en latín que disque é de Cicerón.
    5. Bótalle unha leída ás indicacións da extensión recén instalada.
    6. Aparece un chisco de código en .json tes que facer o que alí indica: copialo e pegalo en:

Archivo/Preferencias/Métodos abreviados de teclado/ 

e alá na esquina dereita:

Ábrese un ficheiro chamado keybindings.json no que tes que pegar entre os corchetes o código  que vai entre chaves.

Utiliza o teu novo atallo e modifícao ao teu gusto.