
Falamos xa de que calquera equipo nunha rede ten que ter un número de “socio” que se chama o enderezo IP. Este número ten que ver coa capa 3 do modelo OSI do que xa falamos. Tamén nas nosas máquinas virtuais poñíamos unha IP para poder traballar en rede. Imos pescudar un chisco máis na pinta que ten este número.
O teu traballo:
- Cantos octetos (bytes) ten unha IPv4? Cantos díxitos binarios son unha IP?
- Que é unha IP privada e unha pública?
- Cantas clases de IP existen? Cales son as máis usadas?
- Anota os rangos de IP que se reservaron para IP privadas.
- Que é unha máscara de rede? Cal é a máscara de cada clase?
- Cantos bits de rede ten unha IP de cada clase?
- Que significa o número que poñemos na notación abreviada chamado prefixo?
