Se queremos sincronizar ficheiros entre equipos conectados en remoto tamén podemos usar rsync. Imos facer unha tarefa para que vexades como vai. Temos moita información aquí
O teu traballo:
- Precisamos dúas máquinas virtuais con linux. Kali pode ser unha delas.
- Asegúrate que están na mesma rede NAT de VirtualBox e fan
pingentre elas - Lembra comprobar que tes o paquete ou instaálao:
which rsync - Comproba tamén que tes
sshinstalado xa que se precisa.
Imaxinamos que queremos pasar unha carpeta dende unha máquina virtual á máquina que ten Kali, faremos así:
- Asegura que Kali ten o servizo ssh activado:
sudo systemctl status ssh
- Noutra máquina (no exemplo unha debian) crea unha carpeta e ponlle de nome orixinais/ e mete nela varios ficheiros.
Averigua a IP da túa kali e teclea en debian:
rsync -a orixinais kali@IP.da.túa.kali:/home/kali
Fíxate que tes que poñer o nome de usuario, arroba, ip da máquina remota e dous puntiños antes de indicar o directorio onde vai aparecer a carpeta. Se é a primeira vez que se comunican ambas máquinas en remoto daquela pedirá verificación para o intercambio de chaves criptográficas:
Respondemos que yes e créase unha lista de equipos coñecidos cos que conectarse en remoto. Se cadra a primeira vez non autoriza a conexión pero da segunda seguro que vai. E xa recibiu kali a carpeta:
Agora continúa ti:
- Na carpeta en debian engade un ficheiro que se chame README.md e volve a lanzar o mesmo comando de
rsync. Sincronizou en kali? - Agora imos intentar que faga a sincronización automática, lembras o servizo de cron ? Pero….. como pide o contrasinal de ssh habería que facelo coa axuda desta páxina web
