Outro xeito de facer copias de seguridade ten que ver con sincronizar ficheiros. Empregaremos a ferramenta rsync
O teu traballo:
- Confirma que ten instalado o paquete de rsync e tamén tree ou instálaos.
- Imos seguir este titorial que me parece que está moi ben.
- Crea unha carpeta que se chame proxectoPepe/ e outra que se chame proxectosDepto/
- Mete un par de ficheiros no directorio de Pepe.
- Sincroniza a carpeta de Pepe na carpeta proxectosDepto/
- Engade un novo ficheiro no directorio de Pepe e volve a sincronizar
- Crea agora a carpeta de proxectos de Xan e sincronízaa tamén nos proxectosDepto/
- Fabrica a carpeta historia/ e sincroniza todo o que hai en proxectosDepto/
- Sube un tree onde se mostre todo o teu traballo.
