Quedan un par de vídeos para que vexades do que falamos das caixas ou gaiolas de Faraday. Un é dun profe que o explica e o outro un concerto onde o guitarrista vai vestido cun traxe de Faraday. Convídovos a buscar outros vídeos con raios que van contra avións ou como fabricar bobinas de Tesla. Os chulos deixádeos nos comentarios.
O teu traballo:
Lede este artigo do xornal no que fala das xaulas de Faraday e dun raio que petou nun avión.
Busca un vídeo ou unha nova nun xornal de algo parecido.

