Encamiñamento con máquinas virtuais (Paso 1/10)

Xa vos contei que un router é practicamente un ordenador?  O contrario tamén vale:  un ordenador pode facer o traballo dun router, ou sexa, enrutar. E xa que logo unha máquina virtual ten que ser que de simulalo.

Xa xogamos con Packet Tracer e o enrutamento, imos facelo agora VirtualBox. Vai ser un bo traballo: configurar máquinas en modo terminal (ou non hai memoria que poida con elas), converter unha máquina en router e facer que todo funcione (e saber como comprobalo). Vainos levar varios post !!!

O teu traballo:

O noso obxectivo é que funcione  algo asi:

Para ter esta topoloxía temos que saber cousas:

  • como configuramos cada dispositivo?
  • como se convirte unha máquina con linux nun router?
  • como se traballa con táboas de enrutamento en linux?
  • como se concreta esto en VirtualBox?

Suxiro que vaiamos paseniño. O noso obxectivo vai ser que os dous ordenadores sexan quen de facer ping entre eles estando en dúas redes distintas. Veña, moito ánimo 💪💪