Xa vos contei que un router é practicamente un ordenador? O contrario tamén vale: un ordenador pode facer o traballo dun router, ou sexa, enrutar. E xa que logo unha máquina virtual ten que ser que de simulalo.
Xa xogamos con Packet Tracer e o enrutamento, imos facelo agora VirtualBox. Vai ser un bo traballo: configurar máquinas en modo terminal (ou non hai memoria que poida con elas), converter unha máquina en router e facer que todo funcione (e saber como comprobalo). Vainos levar varios post !!!
O teu traballo:
O noso obxectivo é que funcione algo asi:
Para ter esta topoloxía temos que saber cousas:
- como configuramos cada dispositivo?
- como se convirte unha máquina con linux nun router?
- como se traballa con táboas de enrutamento en linux?
- como se concreta esto en VirtualBox?
Suxiro que vaiamos paseniño. O noso obxectivo vai ser que os dous ordenadores sexan quen de facer ping entre eles estando en dúas redes distintas. Veña, moito ánimo 💪💪