Encamiñamento con máquinas virtuais (Paso 6/10)

Supoño que xa sabedes a resposta: os paquetes dende calquera ordenador chegan ao routerA,  incluso ás IP de gateway que non están na mesma rede. Por así decilo o router encamiña por dentro pero non sabe que facer cos paquetes que chegan con destino a un equipo doutra rede. Razón: onde está  a táboa de enrutamento que ten que consultar? E outra pregunta: as nosas máquinas, de verdade, son routers?

O teu traballo:

Hai unha pequena condición para que un Linux calquera saiba facer as funcións dun router:

nano /etc/sysctl.conf

e no ficheiro que sae quitarlle a almohadilla a:

Cando reiniciemos temos un router de verdade na máquina routerA. Xa das feito ping entre ordenadores?

Outro xeito de facelo é executar unha humilde frase na liña de comandos:

echo 1 > /proc/sys/net/ipv4/ip_forward

Tecleando esto en calquera Linux… tachán…xa sabe enrutar. Coidadiño que esto cambia cada vez que reiniciades a máquina

Comprobación cutre: ten que saír un humilde 1 cando tecleades:
more /proc/sys/net/ipv4/ip_forward

Outro día cóntovos o que significa eso de IP Forwarding, que cun chisco de inglés xa imaxinades que ten que ver con reenviar IP.

Encamiñamento con máquinas virtuais (Paso 5/10)

Quen intentou facer ping dende PC20 a routerA ? Seguro que non vai, cal é a razón? Volvede a ver o debuxiño da topoloxía que intentamos montar, cantas redes hai?

O teu traballo:

Efectivamente hai dúas redes, digamos a da dereita e a da esquerda, pero en  VirtualBox non temos todo nunha Rede Interna co nome que trae de fábrica.

Tarefa: crear redes internas en VirtualBox

Imos modificar eso. Imos onde a  configuración de routerA e tal cual tecleamos en Adaptador1 a palabra esquerda onde Nome e en Adaptador2 chamámoslle dereita. A mín mentres o vou cambiando quédame así:

Lembrade meter os ordenadores en cadansúa rede interna.

  • Arranca PC20  despois de metelo na Rede Interna  que agora se chama dereita e trata de facer ping ao routerA  funciona?
  • Arranca PC10  despois de metelo na Rede Interna  que agora se chama esquerda e trata de facer ping ao routerA  funciona?
  • Fai ping dende calquera IP a calquera outra. Cal é a que falla?
  • Queremos ver as vosas capturas de pantalla !!!!

Encamiñamento con máquinas virtuais (Paso 4/10)

Lembrades o noso obxectivo?  Dous ordenadores e dous routers pero esto é moi ambicioso polo que imos facer comprobacións previas. Que tal esta topoloxía intermedia? Hoxe queremos que ambos ordenadores fagan ping ao router, pero… non van facer ping entre eles, sabemos a razón?

O teu traballo:

Tedes que facer o mesmo do paso 3 pero agora para o ordenador da dereita, na súa clase C e nesa rede que pintamos en azul.

Tarefa: Configurar a outra tarxeta de rede no router

Se prestades atención ao ficheiro de configuración seguro que xa imaxinábades o que temos que facer (lembrade que ip  a soploume que a nova tarxeta chámase  enp0s8)

    • Despois de reiniciar pasa algo estupendo cando fas hostname -I ?
    • Das feito ping a eses dous enderezos IP do routerA ?

Encamiñamento con máquinas virtuais (Paso 3/10)

Xa están os ordenadores configurados? Toca agora preparar os routers. Xa tedes unha máquina clonada que se chame routerA e outra que será routerB?  Lembrades as IP que puxemos?

O teu traballo:

Se un router o que fai é enviar paquetes entre  redes precisamos ter alomenos dúas redes e un router conectado a ambas as dúas redes polo que á nosa máquina-router non lle queda outra que ter dúas tarxetas de rede: unha para o equipo que está na rede 172.10.1.0/16 e outra para o outro. Como se fai eso en VirtualBox?

Tarefa: crear dúas tarxetas de rede en VirtualBox

Coa  máquina-router apagada imos á Configuración de VirtualBox e habilitamos outra:

Escollemos (polo de agora) unha rede interna de nome o que sae tal cual de fábrica.

Arrancamos routerA e configuramos o hostname e tamén dámoslle unha IP, supoño que xa imaxinades que a IP que debemos darlle é 172.20.1.1 sabedes cal é a razón?

Comprobamos que ten dúas tarxetas: a min sáenme enp0s3 e tamén enp0s8  cando tecleo o comado ip a Fixádevos que unha ten IP e a outra non, normal, aínda non lla puxemos:

Fai moita ilusión facer ping entre PC10 e routerA, verdade que vos funciona??? Sobre todo se tedes PC10 na mesma rede en VirtualBox ca routerA 🤫 (esa Rede interna co nome que trae de fábrica)

Encamiñamento con máquinas virtuais (Paso 2/10)

Comezamos coa configuración dos dispositivos. Precisamos catro máquinas virtuais, para poder traballar con todas á vez poida que teñamos problemas co ordenador: terá memoria dabondo? non queda outra que traballar en modo terminal.

O teu traballo:

Ingredientes:

Precisamos catro máquinas virtuais tipo Debian Server. Clonade de xeito enlazado se preferides. Imos poñer os nomes de PC10, routerA, routerB, PC20 se vos parece.

Tarefa: configurar os equipos

A nosa primeira tarefa vai ser configurar cada unha das máquinas. Comezamos polas que van xogar facendo de ordenadores: PC10 e tamén PC20 

Como estamos en modo terminal temos que usar varios comandos: reboot, nano(para escribir nos ficheiros de configuración), more/cat(o que prefirades, para ver se quedou ben escrito) e o noso querido hostname con ou sen -I

  1. Arranca PC10 e modifica o seu nome para identificar todo moi ben:
    nano /etc/hostname
    e no editor tecleamos PC10 . Fai o mesmo na outra máquina con PC20
  2. Agora imos darlles unha IP para que formen parte de cadansúa rede:
    nano /etc/network/interfaces
  3. Cada ordenador formará parte dunha rede polo que imos escoller dúas redes, unha de clase B para PC10  Tecleamos o seguinte:
  4. Agora facemos un reboot e comprobamos se todo está ben en PC10


Lembrade que nos ficheiros de configuración o que vai despois de # non se executa.

Agora tócavos a vós facer o mesmo con PC20. A súa IP será de clase C e tedes que configuralo todo para que vos quede como a min cando fagades a comprobación despois de reiniciar: