Reenvío de portos

O reenvío de portos (port forwarding) permite o acceso dende o equipo externo á máquina virtual abrindo un porto no adaptador da rede en modo NAT. Poderemos dende a máquina física con Windows acceder ás nosas máquinas virtuais.

O teu traballo:

  • En VirtualBox imos a Preferencias… e escollemos Red. Prememos no botón que di Reenvío de portos
  • VirtualBox vai permitir que podamos entrar en dserver00 (que ten IP 172.16.5.10) cando accedamos por ssh polo porto 10222 (que me acabo de inventar, lembrade >1024). Para que esto aconteza teño que engadir esta regra:
  • Poñendo onde IP anfitrión  127.0.0.1 e xa está. Listo!!!
  • Tratamos de que o equipo sexa a vosa máquina física con Windows. Precisamos un programa cliente de ssh para Windows: Putty Portable (xa que non podemos instalar nada no noso disco duro)
  • Agora vai o interesante: para entrar dende un ordenador físico (por exemplo un mac) teño que teclear a IP do meu ordenador físico (non a de dserver00) co porto de reenvío. vén sendo algo así como chamar á centralita da miña empresa para que me pasen co teléfono co que quero falar.
  • Usando putty no teu windows terás que poñer a IP de windows. Mostra o teu resultado e conta como fixeches todo esto.
  • Tiñamos un ucliente que tamén era servidor, verdade? Fai o mesmo para poder acceder a el en remoto dende o teu windows usando putty.
  • Se dende outro equipo calquera fago:

    ssh -p 10222 usuario@172.16.5.10

    cal é a razón pola que non funciona?

  • Consulta para ter a man a nosa chuleta.
Máis información aquí e aquí