sftp de gratis

Vimos que cando instalamos ssh podemos usar tamén scp para traer e levar arquivos. Tamén temos o comando sftp co que entramos noutro servizo en rede: FTP para transferencia de ficheiros. Imos xogar un chisco con el.

O teu traballo:

  • Precisamos chaves para traballar en ssh (xa as temos) e deixamos o Port 22
  • Como nos conectamos?… a mesma idea de sempre:

sftp usuario@172.16.5.10

  • Móstranos un prompt novo. Temos que aprender os comandos necesarios, pedimos axuda: help

    Na imaxe están os comandos de sftp máis relevantes: get e exit
  • Quero traer ó meu Ubuntu ese ficheiro tan importante que está no servidor onde o usuario chamado usuario que fabricamos hai uns días: o fascinante fichfich.txt. Non vai ser difícil:

get fichfich.txt

  • Estou no ordenador remoto e se fago ls verei os ficheiros de dserver00 pero hai un truquito para ver os ficheiros do meu ordenador local (Ubuntu). Para ver se teño o ficheiro que descarguei: lls. Mostra a saída no teu caso.
  • Resulta que na carpeta Modelos de Ubuntu hai ficheiros superinteresantes que quero subir ó servidor dserver00. O comando para subir é put pero como é unha carpeta e o seu contido preciso poñer -r
  • Xoga co comando ! e cóntanos para que se usa.
  • Asi…. a poucos… xa sabemos todo de FTP
Detalle: para cambiar o porto en sftp non vale -p cómpre usar
sftp -oPort=2222 usuario@172.16.5.10
Máis información

Atallo con scp

Xa vimos como traballar con SSH en xeral pero se queremos descargar ficheiros que están no servidor ao noso equipo temos un comando novo que aprenderemos a usar: scp

O teu traballo:

Se queremos traer a Ubuntu un ficheiro estupendo que sabemos que está en dserver00 o truco é usar scp. (Un pouco lioso pero moi  lóxico).

    • Entramos como usuario usuario en dserver00
    • Fabricamos un ficheiro que se chama fichfich.txt en dserver00 e engadímoslle un texto marabilloso (lorem ipsum?)
    • En Ubuntu tecleamos:

scp usuario@172.16.5.10:/home/usuario/fichfich.txt .

Atención: os dous puntos son obrigatorios SEMPRE 

Como haberá que facer se queremos levar a dserver00 outro ficheiro marabilloso que está en Ubuntu? Mostra o teu resultado.

Como borramos en remoto eses ficheiros?