Servizo ssh

Dende o teu ordenador queres entrar noutro equipo e chusmar o que alí hai,  copiar ficheiros ou comprobar configuracións. Podemos colarnos no ordenador veciño?. Mellor probamos con dúas máquinas virtuais. Traballaremos co paquete OpenSSH

O teu traballo:

  • En dúas  máquinas Debian comproba que tes ssh instalado (ou instálao): which ssh
  • Comproba se está activo (ou actívao): systemctl status ssh
  •  Todo funcionando? Imos colarnos dende unha máquina na outra. Dende dserver00 vou entrar coma usuario noutra Debian da que sei a IP:

ssh usuario@172.16.5.12

    • As máquinas queren recoñecerse polo que teño que dicir yes a:
    • Teño tamén que teclear o contrasinal do usuario usuario da outra máquina.
    • Xa estás na outra máquina? Móstranos unha captura de pantalla na que se vexa que estás en dserver00 pero facendo ssh a outra Debian.
    • Imos crear un ficheiro na máquina na que me colei:

      Fixádevos no prompt das dúas máquinas
    • Onde fixemos ssh comprobade a IP,  o  hostname, o ficheiro /etc/hosts e facede capturas de pantalla.
    • Crea dende unha máquina Ubuntu un ficheiro que se chame dendeUbuntuconAmor.txt na home do usuario chamado usuario de dserver00
    • Explica o que  habería que facer para conectarse empregando:

ssh usuario@dserver00

Máis información

Deixar un comentario