Melloras no noso correo

Imos ir facendo melloras ao noso servizo de correo.

O teu traballo:

Consultando esta web imos ir mellorando as prestacións do noso servizo de correo.

Por exemplo, imos publicitar que existe a conta incidencias@insti.lan para que se envíe a esa conta información sobre o sistema. En realidade quen vai ler eses correos vai ser maripili polo que imos crear un alias:

Deixamos unha única liña no ficheiro /etc/aliases que poña:

incidencias: maripili

  • Tecleamos despois no terminal newaliases e se tal reiniciamos postfix.
  • Entramos como un usuario calquera que envía un correo a incidencias@insti.lan informando do fallo de algo.
  • Entramos na conta de maripili e alí debería estar o correo.

Router nunha LAN

Fai clic para ampliar

Xa estamos chegando ao mundo real onde un router fai en intermediario entre varias redes.

O teu traballo:

Hoxe imos empregar unha ficha de Cisco onde non só hai que montar unha topoloxía, tamén hai que responder a unhas cuestións para ir profundando en todo esto que estudamos. Veredes como damos feito, subide todo ao voso blog.

 

Encamiñamento a man con dous router

Fai clic para ampliar

Esto líase un chisco polo que en moitos casos paga a pena facelo a man.

O teu traballo:

Fíxate ben na imaxe que temos aquí. Imaxina que a subrede da esquerda é 192.168.1.0/24 e que a da dereita é 10.0.0.0/8 mentres que a rede que forman os dous routers é 172.20.0.0/16

Inventa as IP de cada interfaz de rede e constrúe a táboa de encamiñamento do router da esquerda (Router I) e tamén o da dereita (Router D).

Otros moitos exercicios coma este témolos aquí.

Comproba a túa solución montándoo en Packet Tracer e sube ao teu blog a lista de comandos que tiveches que teclear.

 

Configurar un par de routers

Avanzamos un chisco de nada. Imaxinemos dous departamentos que teñen cadanseu router e queren comunicarse ou imaxinade dúas casas que queren ten conexión entre elas (xa falaremos de internet)

O teu traballo:

  • Monta en Packet Tracer a topoloxía do vídeo pero… con IP de clase C.
  • Intenta configuralo sen axuda e revisa o vídeo cando te atasques.
  • Sube un pequeno vídeo ao teu blog onde demostres que o fixeches  e que vai todo ben.

Apartires do minuto 8:00 comeza coa táboa de enrutamento.