Catalogación de equipos no taller

O plan para hoxe é ir ao taller de hardware e facer un catálogo de todos os switch e routers que temos por alí, moitos deles velliños.

O teu traballo:

Por facer algo distinto imos crear un vault  en ObsidianPortable de hardware de rede. Así repasamos o formato Markdown e pescudamos como vai eso dos Zettelkasten  que son  moi interesantes.

Podedes facer os vosos vault directamente nun pen. Están en ObsidianPortable/Data/Vault se non lle dicides outra cousa na configuración.

Encamiñamento dinámico: RIP

Xa quedades convencidos de que ir a man nesto de configurar varios routers pode ser unha tolemia? A solución está no enrutamento dinámico: que sexan os algoritmos cos que veñen programados os routers os que fagan o traballo por nós. Funciona así na práctica.

O teu traballo:

Hoxe imos traballar en Packet Tracer cun algoritmo do tipo vector-distancia. que considera a  métrica de saltos e chámase RIP

Inspirámonos nesta páxina web e de paso descargamos o ficheiro a medio facer.

WiFi

Xa vimos das ondas electromagnéticas, lembrade que para a comunicación en redes sen fíos usamos ondas con frecuencia no rango dos GHz. Como vai eso de 2,4 GHz ou 5 GHz? Sabedes algo das canles da WiFI? Imos ver un vídeo onde contan moi ben estas cousas e así coñecedes unha web moi interesante: Naseros

O teu traballo:

Toma nota de todas as palabras técnicas e explica coas túas palabras o que  significan.

Medio de transporte sen fíos

Atopei un tema dun libro que fala xusto do que imos abordar hoxe: como é eso de comunicarse por WiFi e por ondas electromagnéticas?

O teu traballo:

  • Atopa unha pequena definición de onda electromagnética.
  • Bótalle un ollo ao documento para ver vantaxes e desvantaxes do uso.
  • Na páxina 230, que factores hai que considerar para a súa implantación?
  • Xa na páxina 238, averigua o que é un PA? e na px. 240, cales son os modos de conexión? Anota no teu blog
  • Seguimos na 241, que significa SSID? que é WPA2?