Plan de recuperación

Tedes aquí o calendario

Parte sistemas operativos: 26 abril

Parte procesadores de texto: 10 maio

Parte follas de cálculo: 24 maio

Parte web: 7 xuño

Parte seguridade: 14 de xuño

 

Advertisements

Caso práctico de comandos

Desexamos crear dous directorios. Un chámase pai e outro fillo. O directorio fillo ten que estar dentro do pai.
Precisamos un documento de texto chamado pepe.txt e outro chamado traballo.dat dentro do directorio pai.
Dentro do directorio fillo queremos ter tres ficheiros:

  • luis.txt
  • marta.dat
  • bebe.txt
O teu traballo:
Publicar unha entrada titulada “Comandos útiles de Linux”  na que nos contes:

1.- Os comandos necesarios para resolver este caso

2.- Se no directorio chamado fillo tecleo cd .. que sairá por pantalla como resultado de facer pwd?

Lubuntu no terminal

Varios traballiños para facer dende o terminal: actualizar os paquetes, instalar programas, averiguar os usuarios que están no sistema, crear usuarios.

O teu traballo:

  • Cal é a diferencia entre apt-get update  e apt-get upgrade?

  • Que acontece se tecleas apt-get install hollywood?

  • Como comprobas se instalou o hollywood? Cal é o seu path?

  • Como executas ese programa?

  • Instala nas máquinas virtuais programas sinxelos como treefiglet con toilet ou bromitas pouco serias.

Indo aquí e alá

Hoxe imos tratar o tema do path ou ruta para saber onde están os ficheiros e como chegar a eles.

Unha axudiña nesta páxina.e tamén nesta

Comandos que traballaremos:

  • mv
  • cd
  • cp 

O teu traballo:

1.- Explica ó teu xeito nunha nova entrada na túa libreta electrónica o que é o path ou a ruta. Pon varios exemplos ben contados.

2 .- Explica que é o directorio pai e como chegar a el.

3.- Que significa no terminal un simple punto .

4.- Cal é a diferencia entre a ruta relativa e a absoluta?

Comandos indiscutibles

linuxComentamos que non só podemos manexar un sistema operativo co rato e fiestras. Lembrades que se pode usar en modo texto e para comprobalo estivemos argallando con comandos de linux. Empezamos usando:
  • whoami
  • pwd
  • ls
  • cd
  • history
  • man
  • mkdir
  • rm
  • touch

Acabo de atopar unha páxina estupenda para probar estes comandos. Se non tedes linux instalado no ordenador podedes probar terminais online para practicar!!! Probade este emulador ou este moi sinxelo. Botade un ollo a esta lista deles ou desta . Este tamén é chulo.

 O teu traballo:
Un artigo na libreta electrónica no que teredes a vosa chuleta e explicades as ordes que usamos no terminal ata hoxe.
Poñede un comentario neste artigo coa ligazón do terminal online que prefirades e a razón.

Máquinas virtuais modo gráfico

Paseivos unha maquina virtual .ova tipo Lubuntu que fixo un compañeiro voso. Temos que clonala. Unha vai ser na que fagades o mesmo ca min e noutra podedes xogar todo o que queirades. Imos tunealas para que quede do noso gusto.

O teu traballo:

Facemos todos xuntos  unhas modificacións e despois vós soíños na máquina clonada.

Indo ó menu Preferencias:

  • Cambia o idioma a galego en Soporte de idiomas

Indo ó menú Herramientas del sistema:

  • Actualiza o software.
  • Crea un usuario que se chame coma ti con permisos de administrador.
  • Instala un programa que se chama gedit usando Software

Reinicia o sistema e fai unhas capturas de pantalla para demostrar que fixemos todo o anterior. Cólgaas no teu caderno electrónico.

Fai o mesmo na  máquina clonada pero tes que tuneala con: Configuración de la interfaz,  Personalizar apariencia y comportamiento, Preferencias del escritorio,…

Proba algún destes trucos na máquina clonada