VLAN trunking

Que tal a topoloxía da imaxe deste post para entrenar? Lembrade que para conectar switches en Packet Tracer usamos un tipo de cable distinto para facer o trunking.

Moi ben explicado o do trunking con IOS aquí

O teu traballo:

Queremos ver no voso blog aos paquetitos indo dun equipo dunha VLAN a outra:

VLAN en teoría e na práctica

Tecleadas  unhas anotacións para que  entendamos ben o tema das VLAN.

O teu traballo:

  • No noso documento destes días avanzamos ata o TRABAJO 8.3 (páx 104) onde se aborda o asunto dos enlaces troncais, trunking para os amigos. Dades feito ese traballo? Subide o vídeo onde se vexa que tedes varios switches conectados e que a cousa vai ben.
  • Xa tedes preparada unha chuleta con todos os comandos CLI de IOS de CISCO?

VLAN nun documento

Os switches permiten organizar os equipos que teñen conectados de tal xeito que creamos algo similar a unha subrede: uns pertencen a unha e outros a outra e non se comunican entre elas como se estiveran en grupos distintos. Neste caso chámase LAN virtual e todos os ordenadores están conectados ao mesmo switch pero en cadansúa VLAN. En caso de non asignar unha VLAN a un equipo estará na VLAN1.

Ben explicado aquí

O teu traballo:

Neste documento temos un exercicio para usar o CLI. Hoxe imos adicarlle un rato a montar en Packet Tracer un par de VLANs tal e como se conta neste vídeo feito co TRABAJO 8 que está pola páxina 99.

Sube ao teu blog  unha captura na que  se vexa que non se poden mandar paquetes de equipos dunha VLAN ata os ordenadores da outra. Escolle ben o switch.

VLAN

os switches axudan a configurar as VLAN. Comezamos usando Packet Tracer en modo gráfico para crear unha VLAN para uns dez equipos da dereita e outra VLAN para outros dez equipos á esquerda.

O teu traballo:

Configura a situación mencionada e no teu blog teclea o código que vai xenerando Packet Tracer para facelo por IOS.

Fai unha captura do escenario creado.

Repasazo VLAN

Xa sabemos moito de VLAN e atopei documentación de CISCO para dar un repaso intenso.

O teu traballo:

  • Consultando esta información revisa todo o que aprendimos.
  • Intenta facer os lab que veñen nela. Por exemplo usando esta topoloxía.
  • Sube un vídeo ao teu blog e explica o que pasa cando lanzas o comando ping entre equipos. Pode ser boa idea que subas os comandos que usaches a modo de recordatorio.