Encamiñamento a man con dous router

Fai clic para ampliar

Esto líase un chisco polo que en moitos casos paga a pena facelo a man.

O teu traballo:

Fíxate ben na imaxe que temos aquí. Imaxina que a subrede da esquerda é 192.168.1.0/24 e que a da dereita é 10.0.0.0/8 mentres que a rede que forman os dous routers é 172.20.0.0/16

Inventa as IP de cada interfaz de rede e constrúe a táboa de encamiñamento do router da esquerda (Router I) e tamén o da dereita (Router D).

Outros moitos exercicios coma este témolos aquí.

Comproba a túa solución montándoo en Packet Tracer e sube ao teu blog a lista de comandos que tiveches que teclear.

Router nunha LAN

Fai clic para ampliar

Xa estamos chegando ao mundo real onde un router fai en intermediario entre varias redes.

O teu traballo:

Hoxe imos empregar unha ficha de Cisco onde non só hai que montar unha topoloxía, tamén hai que responder a unhas cuestións para ir profundando en todo esto que estudamos. Veredes como damos feito, subide todo ao voso blog. Unha axudiña por aquí.

Routers que temos a man

Xa sabemos que o router traballa na cada de rede (capa 3) e úsase para conectar redes. Varios conceptos son importantes para entender este dispositivo. Tócache a ti buscar algo de información.

O teu traballo:

  • Que é un router SOHO? Busca por internet unha foto do que ti tes en casa.
  • Que é  un router WAN? Busca fotos e prezos.
  • Cal é o prezo dun router moderno libre? p.e. con tecnoloxía WiFi 6
  • Que significa WPS?
  • Entra no teu switch da casa e mostra un par de capturas da túa configuración. Podes ver cal é a MAC dos teus equipos?

Routers en teoría

Moi boas. Como xa é tradición déixovos unhas anotacións sobre o asunto que estamos traballando para que teñamos moi claras as ideas e xa que estamos un boletín para facer un algo en papel.

O teu traballo:

Imos cos routers

ou rúters, como xa vin escrito, incluso na wikipedia.

Lembrades que un router o que fai é unir dúas redes, sexa a de casa con internet ou redes empresariais. Imos aprender como cada router ten a súa táboa de enrutamento e como sabe a onde ten que mandar os paquetes que lle chegan dunha rede ata outra rede.

O teu traballo:

Velaí vai información sobre este dispositivo: