Ordenador como router (Paso 0/10)

Xa traballamos con máquinas virtuais con Windows e con Linux en modo gráfico. Imos avanzar un chisco traballando con Debian Server (que ocupan pouquiño).

O teu traballo:

Necesitamos catro máquinas tipo Debian Server.
Dúas van facer de PC e outras dúas serán routers.

Comezamos coas que van ser PC:

Teñen que estar en Red Nat coa chamada natita. Lembrades?

Para poñerlles IP temos que ir ao ficheiro:
nano /etc/network/interfaces
e teclear alí algo do tipo:

Exercicios de routers

Imos complicar un chisco as nosas topoloxías.

O teu traballo:

Moitos routers: RIP

Un par de vídeos por se queredes practicar o encamiñamento dinámico usando o protocolo RIP

O teu traballo:

Visitaremos a parte 4 en youtube dunha explicación que conta como configurar un router para que el soíño dea atopado o encamiñamento. Podedes ver as partes anteriores se vos perdedes. Imos facelo na aula todos xuntos

Táboa de encamiñamento con tres routers

E se temos tres routers con cadansúa rede, que faremos? Ir un a un.

O teu traballo:

Monta esta topoloxía e lanza pings aquí e alá.

ou escolle ti as IP e fai capturas no teu blog. Que se vexa que funciona!!!!

Seguridade dos routers

Os routers SOHO, ou sexa os que temos todos en casa, traen de fábrica varias medidas de seguridade para que “os malos” non se colen na nosa  rede interna. Xa falamos do INCIBE? é o Instituto Nacional de Ciberseguridade e todos deberíamos coñecer o seu número de teléfono: 017 por se temos algún problema de ataque aos nosos equipos.

O teu traballo:

Tras analizar o póster e escoitar o podcast escribe no teu blog como tes o router da túa casa e o que opinas das medidas suxeridas.

Propoño que fagamos unha pequena campaña no instituto  para que a xente saiba un chisco máis deste tema. Empapelamos o insti con pósters feitos por vós? Teñen que conter estas medidas que  estamos aprendendo. Non vale só imprimir o do INCIBE: tedes que aportar algunha explicacionciña.