Quen intentou facer ping dende PC20 a routerA ? Seguro que non vai, cal é a razón? Volvede a ver o debuxiño da topoloxía que intentamos montar, cantas redes hai?

O teu traballo:
Efectivamente hai dúas redes, digamos a da dereita e a da esquerda, pero en VirtualBox non temos todo nunha Rede Interna co nome que trae de fábrica.
Tarefa: crear redes internas en VirtualBox
Imos modificar eso. Imos onde a configuración de routerA e tal cual tecleamos en Adaptador1 a palabra esquerda onde Nome e en Adaptador2 chamámoslle dereita. A mín mentres o vou cambiando quédame así:

Lembrade meter os ordenadores en cadansúa rede interna.
- Arranca PC20 despois de metelo na Rede Interna que agora se chama dereita e trata de facer
pingao routerA funciona? - Arranca PC10 despois de metelo na Rede Interna que agora se chama esquerda e trata de facer
pingao routerA funciona? - Fai
pingdende calquera IP a calquera outra. Cal é a que falla? - Queremos ver as vosas capturas de pantalla !!!!








