Encamiñamento con máquinas virtuais (Paso 10/10)

Xa aprendimos todo o que se precisa para resolver o noso obxectivo inicial, lembrades?

O teu traballo:

Na rede que enlaza os dous routers inventa IP de clase A  e modifica o que precises para que podas volve a facer ping entre os ordenadores:

  • Crear outra rede interna en VirtualBox, p.e. central
  • Retocar a configuración de routerA (unha das IP ten que variar)
  • Configurar as dúas tarxetas de routerB.
  • Probar de PC20 a routerB.
  • Modificar a táboa de enrutamento dos routers.
  • Probar ping entre routers.
  • Ter moito ánimo e paciencia.
  • Publicar todo o que modificas e o ben que vai.

Encamiñamento con máquinas virtuais (Paso 9/10)

E se quero engadir filas na táboa de enrutamento? Como podo facer encamiñamento estático?

O teu traballo:

Imaxinemos que quero indicarlle a un equipo que engada máis informacion á súa táboa. Quero que en PC20 un paquete que vaia destinado a unha suposta rede 193.33.33.0/24  vaian pola interfaz 192.168.0.1 o que teño que teclear é:
ip route add 193.33.33.0/24 via 192.168.0.1

O certo é que estou arrepentidísima de facer esto e  quero borralo:
ip route del 193.33.33.0/24

e como podo facer para os paquetes que van a calquera sitio que non estea estático no router?

Por certo, para gardar a configuración para a táboa de enrutamento cómpre engadir a derradeira liñá:

nano /etc/network/interfaces

Encamiñamento con máquinas virtuais (Paso 8/10)

Como podo saber por onde van os paquetes? A min funcionoume pero que acontece se hai algún fallo? Hai un par de comandos estupendos para esto.

O teu traballo:

Se sae á primeira non aprendemos dos fallos así que aconséllovos que “estropeedes”  algo para ver o que pasa.

Entre a información que podedes obter está:

  • Mirar as táboas de enrutamento do router usando o comando ip route
  • Mirar as táboas de enrutamento dos ordenadores usando o comando ip route
  • Utiliza o comando traceroute que vai informando do itinerario é dicir, os saltos que dan os paquetes de router en router.

Un exemplo, no meu PC20 agora que funciona ben podo ver todo o itinerario do paquete: os gateways que atravesa, o tempo que lle leva  ou como chega ao seu destiño:

  • Apaga o router e mira como queda a saída de traceroute
  • Apaga o outro ordenador e mira como queda a saída de traceroute

En windows úsase  tracert e podes facer probas nun PoweShell tipo:
tracert irocho.wordpress.com

Por se queredes saber moi ben como funciona este comando.

Encamiñamento con máquinas virtuais (Paso 7/10)

Xa temos dous ordenadores configurados e un router que xa vai enrutar. Só nos falta consultar  a dichosa táboa de enrutamento e facer probas.

O teu traballo:

Imos onde routeA e miramos o que ten na súa táboa de enrutamento. Tecleamos
ip route
e a min sáeme esto:
Entendes  o que significa? A min vaime xa moi ben:

Encamiñamento con máquinas virtuais (Paso 6/10)

Supoño que xa sabedes a resposta: os paquetes dende calquera ordenador chegan ao routerA,  incluso ás IP de gateway que non están na mesma rede. Por así decilo o router encamiña por dentro pero non sabe que facer cos paquetes que chegan con destino a un equipo doutra rede. Razón: onde está  a táboa de enrutamento que ten que consultar? E outra pregunta: as nosas máquinas, de verdade, son routers?

O teu traballo:

Hai unha pequena condición para que un Linux calquera saiba facer as funcións dun router:

nano /etc/sysctl.conf

e no ficheiro que sae quitarlle a almohadilla a:

Cando reiniciemos temos un router de verdade na máquina routerA. Xa das feito ping entre ordenadores?

Outro xeito de facelo é executar unha humilde frase na liña de comandos:

echo 1 > /proc/sys/net/ipv4/ip_forward

Tecleando esto en calquera Linux… tachán…xa sabe enrutar. Coidadiño que esto cambia cada vez que reiniciades a máquina

Comprobación cutre: ten que saír un humilde 1 cando tecleades:
more /proc/sys/net/ipv4/ip_forward

Outro día cóntovos o que significa eso de IP Forwarding, que cun chisco de inglés xa imaxinades que ten que ver con reenviar IP.