Python en vscode

Como sabemos un chisco de Python e xa o utilizamos nun terminal de Linux (tamén en Jupyter Notebook) imos agora preparar o noso IDE para usalo con esta linguaxe.

O teu traballo:

Existe unha extensión cunha chea de ferramentas para programar en Python como ves na captura que fixen. Imos ir vendo aos poucos cada unha delas.

Instala hoxe no teu VSCode a que se chama Python e é de Microsoft, olliño  xa que hai unha chea delas.

Bótalle un ollo a esta páxina onde conta como probala. Por suposto aquí tamén podes ir a Archivo/Preferencias/Configuración e na barra de busca teclear o nome da extensión e poñelo todo ao teu gusto. Polo de agora imos deixalo como o trae de fábrica.

Fai unha captura de pantalla do teu VSCode no que demostres que tes a extensión instalada.

 

 

Repasito do noso python

Imos traballando nas nosas tarefas, chegamos á tarefa 6  e hoxe toca ver se somos quen de facer un pequeno cuestionario.

O teu traballo:

Proxecto: famosetes

Coñecemos a famosos e influencers? Programamos hoxe un pequeno xogo: o noso código pregúntanos o país de orixe e o deporte favorito de alguén coñecido e responde co nome do científico, actor/actriz ou influencer con esas características.

O teu traballo:

Imos facelo con deportistas e os seus países de orixe:

  1. Pensa en dous  deportistas famosos dos que saibas o  seu deporte. Por exemplo eu collo “Ana Peleteiro” que practica “atletismo”  e “Carolina Marín” que practica “badminton”
  2. O teu código ten que  crear unha variable chamada  deporte e preguntar ao usuario cal é o  deporte que practica o persoeiro misterioso.
  3. O código comproba:

Si o que hai na variable deporte coincide con “atletismo” mostrará ao usuario en  pantalla “Ana Peleteiro” en caso contrario, si o que hai na variable deporte coincide con “badminton” daquela será “Carolina Marín”

  • Engade máis deportistas e deportes.
  • Fai algo parecido coa variable país e lembra usar elif
  • Inventa ti novas variables para facer o xogo máis interesante.

Proxecto: exame inglés

Acaban de contratarnos dun cole para que fagamos un programilla para que os alumnos de primaria repasen os seus coñecementos de vocabulario en inglés. O programa ten que mostrar aos alumnos unha palabra en inglés e o pícaro ten que teclear o significado.

O teu traballo:

Chama ao teu ficheiro english.py

  1. Teclear o código que pregunte ao alumno o significado de cinco palabras. Comprobe se é correcto e mostre en pantalla unha felicitación ou un aviso de que o alumno debe mellorar.
  2. Cando remata o repaso móstrase en pantalla o resultado.
  3. Intenta facelo con xanelas.
  4. Sube o teu código.

Python en xanelas

Esto de facer todo no terminal chega a ser moi aburrido. Vainos ser un chisco difícil pero é todo un reto ver se sodes quen de tunear o código que vos deixo.

O teu traballo:

Trata de entender e modificar todo o código que deixo aquí e proba a ver se sae o exercicio de ducias2ovos.py


import tkinter as recadro
### igual precisamos teclear no terminal: sudo apt-get install python3-tk
# 1. Fabricar a xanela
xanela = recadro.Tk()
# 2. Poñerlla ao noso gusto
xanela.title("A miña app") ###############
xanela.geometry("300×200") #####################
# 3. preguntamos
pregunta = recadro.Label(xanela, text="Cantos km levas percorrido?") ###############
# 4. Fabricamos un cadro de texto para que o usuario escriba
resposta = recadro.Entry()
# 5. Creamos un botón para que o usuario pulse e envíe a información
botoncito = recadro.Button(xanela, text="Envía a túa resposta!", background="yellow") ###############
# 6. Necesitamos facer as contas para cando se preme o botón
def calculito():
km = int(resposta.get())
metros = km*1000 ###############
resultado["text"] = "Daquela "+ str(metros)+ " son os metros percorridos!" ############### \n
# 7. O usuario preme o botón e faise a conta
botoncito["command"] = calculito
resultado = recadro.Label(xanela, text="")
# 8. Mostramos a xanela
pregunta.pack()
resposta.pack()
botoncito.pack()
resultado.pack()
xanela.mainloop()

view raw

xanela.py

hosted with ❤ by GitHub