CISCO é un sitio estupendo onde aprendelo todo de redes.
O teu traballo:
- Que é Ethernet? En que capas se localiza.
- Busca por internet un gráfico cos campos da trama Ethernet.
- Resolve este exercicio da Academia de Cisco
CISCO é un sitio estupendo onde aprendelo todo de redes.
O teu traballo:
Resulta que a capa de enlace do modelo OSI fai moitas tarefas e organízase en dúas subcapas.
O teu traballo:
Fai pescudas por internet para resolver este pequeno cuestionario:
Como funciona eso de que eu quero visitar unha páxina web e ao facer clic aparece no meu navegador? Falamos do modelo OSI en teoría, agora imos velo en “debuxiños”
Absolutamente toda persoa que sabe algo de redes veu esta animación. Está mooooi ben. Confío que entendades caseque todo. Pode que algunhas cousas aínda non as víramos polo miúdo. 
O teu traballo:
Tes que ver si ou si este vídeo de animación. Na propia web tes a transcrición, con algúns defectillos. Antes pescuda o que é: firewall, ping da morte, proxy e outros termos que non entendas e aínda non vimos.
Traballo voluntario para ti (veña, vale, sube nota) tes que facer un vídeo no que expliques en plan teatral o modelo OSI e todo o das cabeceiras, cola, tramas, segmentos, portos… imaxinemos que un compi está enfermo e ten que enterarse ben.
Hoxe imos adicarlle un rato á capa 2 do modelo OSI, chamada de enlace de datos. Aquí temos agrupados os bits en tramas e queremos que comecen o seu percorrido sen erros. Esta capa usa varios algoritmos para detectar e incluso corrixir os erros dun byte. Imos fixarnos nunha desas técnicas, o chamado bit de paridade.
O teu traballo:
Consultando esta páxina, fíxate ben como podemos detectar se un byte ter erros. Precisamos usar un bit para esta comprobación e decidir se imos traballar con paridade par (o máis frecuente) ou impar.
1.- Traballamos desta volta con paridade par. Cal sería o bit de paridade para completar o byte? Usa draw.io para representar o byte resultante coa codificación que prefiras.
2.- Como sería se usamos paridade impar?
3.- Se o bit da dereita é para a paridade par, hai algún erro se recibo 10101010?
4.-Propón para os teus compañeiros un bloque de 7×7 bits e calcula a paridade horizontal e a vertical. Tanto para paridade par como impar. Fai unha foto do exercicio e súbeo ao teu blog ben corrixido.
5.- Fai no teu blog unha pequena chuleta de como fixeches as túas contas
Xa temos montada unha mini-rede con varias máquinas virtuais (sempre podemos escalar e engadir outra) e para comprobar que están na mesma rede puxémoslles manualmente IP privadas e fixemos ping entre as máquinas e parece que todo vai estupendamente, verdade?
O teu traballo:
ping a todas as máquinas, teclea o comando:ip neigh showAgora xogamos en windows:
arp -a