A que montei na casa

Xogando hoxe mesmo con esto das redes locais e do servidor web de xoguete co que estamos traballando acabo de montar unha boa. Facede clic na foto do meu despachito e tratade de entender a que me adico nos ratos libres. O que máis tempo levou foi colocalo todo  para a foto  😉

O teu traballo:

  1. Cal é o tipo de rede que escollín en VBox?
  2. Como se chama a carpeta na máquina virtual na que lancei o servidor web inseguro?
  3. Como accedín dende a miña tablet? Cal é a URL que tiven que teclear?
  4. Cal é a IP do meu Windows? E a da miña tablet?

Capa de transporte

Lembrades a capa 2 do modelo OSI? A capa de transporte fai algo parecido, non cos bits pero si coa información que lle chega: controla o fluxo e tamén os erros. En realidade este é o nivel responsable da entrega de orixe a destino de toda a mensaxe, asegurándose que chega intacta e ordenada. A capa IP envía os paquetes ao nodo e a de transporte á aplicación axeitada. Mirade que páxina tan interesante.

O teu traballo:

    1. Que é un porto? 
    2. Cal é o porto que damos por suposto cando tecleamos eso de http:// ou ben https:// ? Busca por internet o número de porto para conectarse en remoto por SSH.
    3. Como se clasifican os portos?
    4. O protocolo TCP é fiable? está orientado a conexión?
    5. Cales son as diferencias entre os protocolos TCP e UDP?

Servidorcitos de xoguete

Imos intentar ver como funciona eso do modelo OSI, especialmente as capas superiores. Necesitamos dúas máquinas virtuais con Linux nunha rede interna, que fagan ping entre elas. Xa van? Escollemos unha delas para que sexa un servidor, a outra será cliente.

O teu traballo:

Na maquina servidor web:

  • Arranca o terminal e anota a  IP da túa máquina, imaxinemos que é 10.0.2.15 Cal é a túa?
  • Crea unha carpeta que se chame web e dentro un ficheiro que teña  index.html de nome (vai ser o teu sitio web).
  • Abre o ficheiro cun editor de textos e teclea algo interesante, tipo “Boas tardes, xentiña”
  •   Entra usando o terminal nesa carpeta co comando cd e teclea a seguinte liña:

python3 -m http.server

Estupendo. Acabas de crear un servidor web que funciona usando o porto que indica na saída do terminal, posiblemente o porto 8000?

Na maquina cliente web:

Vai ao teu navegador favorito e teclea onde normalmente pos https://irocho.wordpress.com o enderezo web: http://10.0.2.15:8000

Xoga ti cambiando IP, portos, o contido do ficheiro, metendo máis ficheiros.html ou fotos na túa carpeta….

Agora imos con algo semellate a un dominio de andar por casa)

Engade a IP do servidor no “listín DNS” da túa máquina cliente cun nome coñeiro, por exemplo florecilla.com

nano /etc/hosts

Convirte ao servidor en cliente e intercambia os papeis das máquinas.

Datagramas na capa de rede

Lembras que buscamos un gráfico coa trama Ethernet? Seguro que imaxinas que tamén para os datagramas establecéronse os campos que ten que ter. Vai un datagrama:

Non temos que estudar esto pero si facernos unha idea dos campos que ten.

O teu traballo:

  1. Fai unha táboa coas diferencias e semellanzas que ves entre unha trama Ethernet e un datagrama. Olliño que aquí falamos de bits e nas tramas habitualmente son bytes.
  2. Cantos tipos de IP hai? Fai unha pequena lista poñendo  exemplos.
  3. Averigua a IP do teu móbil.
  4. Cales son os comandos en Linux e Windows para saber a túa IP
  5. Que representa 127.0.0.1?

Moita máis información aquí

Teoría do modelo OSI

Xa temos  o .pdf na versión 3 dos apuntamentos de “Protocolos  e  tecnoloxías de rede.”

Xogamos con estas diapos? Aquí para imprimir

Facemos algún bubble.us cos contidos do documento?